venres, 24 xullo 2009

O Festiclown, que comeza o luns, ofrecerá máis de 150 actuacións en diferentes puntos da cidade

venres, 24 xul 2009

O Festiclown 2009, que se desenvolverá en Vigo entre os días 27 de xullo e o 1 de agosto, inundará as rúas, prazas e teatros de espectáculo, festa, formación e grandísimos profesionais do mundo do clown. Máis de 150 actuacións en diferentes espazos da cidade (Praza da Constitución, Príncipe, Zona peonil do Calvario, Montero Ríos, Centro Cultural Caixanova...), é a programación coa que se pretende dar cabida a todos os públicos, grandes e pequenos.

Presentación dun selo de correos dedicado á Muiñeira

venres, 24 xul 2009

O alcalde foi partícipe este venres da presentación, na que tamén participaron o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, e o director de Correos en Galicia, Celso Gómez. O selo forma parte da serie filatélica "Bailes e Danzas Populares". Abel Caballero identificou a Correos coa modernidade e recoñeceu a labor dos seus traballadores.<br />

Dous castores europeos, os novos habitantes de Vigozoo

venres, 24 xul 2009

Vigozoo conta con dous exemplares de castores europeos, especie curiosa que poboou antigamente os ríos da Península Ibérica. Os animais foron cedidos polo "Servicio de Conservación de la Biodiversidad" do Goberno de Navarra.