Máis de 100 mulleres vítimas de violencia de xénero foron atendidas pola Concellería de Desenvolvemento Local

luns, 23 out 2006

A Concelleira de Muller, Lucía Molares Pérez, presentou no pleno da corporación municipal extraordinario sobre muller , que se celebrou hoxe luns, a execución das máis de 100 actuacións políticas levadas a cabo para tratar de erradicar a discriminación de xénero. A Concellería sinalou as áreas de traballo dentro das que se encadran as políticas de igualdade de xénero do seu departamento: A Coeducación nas Institucións Educativas: Escola e Familia; Conciliación: Familia e Corresponsabilidade Doméstica; Promoción a Igualdade no Mercado Laboral, Promoción de Hábitos de Vida Saudable e a Campaña contra a violencia de xénero.