Vigo adhirese á celebración do "Día do Cooperante"

luns, 7 set 2009

O pleno da Corporación,celebrado hoxe luns, aprobou unha declaración institucional relativa á celebración do "Día do Cooperante" declarado no ano 2000 polo Consello de Ministros o día 8 de setembro. No acordo o Pleno asume o que significa a cooperación internacional e a loita contra a pobreza e desigualdade no mundo.

A xunta de voceiros acorda levar ao vindeiro pleno unha declaración institucional a prol da cooperación internacional

xoves, 3 set 2009

A xunta de voceiros do Concello de Vigo acordou hoxe levar ao pleno do vindeiro luns unha declaración institucional a prol da cooperación internacional para a súa aprobación. Con motivo do Día Internacional do Cooperante, que se celebrará o martes 8 de setembro, o documento asinado polos portavoces dos tres grupos políticos con representación municipal recoñecen que a loita contra a pobreza e a desigualdade é un dos retos da nosa sociedade e convidan á cidadanía a participar nos actos que terán lugar na cidade.

O goberno local amplía en 20 millóns o orzamento para facer fronte á crise económica e crear emprego

luns, 27 xul 2009

O Pleno da Corporación aprobou, coa oposición do PP, unha modificación orzamentaria de 20 millóns de euros para "implementar políticas activas que palien a crise e para xerar fórmulas con efectos positivos no emprego". As actuacións proxectadas abranguen todas as parroquias de Vigo, todas as áreas de goberno, e cumpren coa legalidade e a estabilidade orzamentaria da Concello, segundo afirmou o goberno local.

O Pleno da Corporación acorda instar á Xunta de Galicia a garantir a gratuidade dos libros de texto

luns, 27 xul 2009

O grupo municipal do BNG presentou na sesión plenaria deste luns unha moción instando á Xunta a garantir a gratuidade dos libros de texto no vindeiro curso académico, acordo adoptado co apoio do grupo socialista e a oposición do Partido Popular. A concelleira de Benestar, María Méndez, asegurou que 20.000 escolares vigueses deixarán de recibir as axudas.

O pleno da Corporación pide á Xunta diálogo e mediación no conflicto do metal

martes, 16 xuñ 2009

A Corporación Municipal celebrou hoxe un pleno extraordinario no que se aprobou unha declaración institucional sobre a negociación do convenio do sector do metal. Na declaración, aprobada cos votos do PSdG-PSOE e BNG, faise unha chamada ás partes implicadas á negociación e ao diálogo, como única vía posible para solventar as demandas plantexadas. Tamén se exise da Xunta de Galicia que exerza as súas competencias cunha mediación activa e constante, salvando os obstáculos e facilitando propostas razoables para ambas partes que poñan fin ao conflicto laboral.