Escoitar

O Pleno aproba unha enmenda para unha fusión "paritaria e equilibrada" das caixas de aforro galegas

O Concello vigués debatiu hoxe unha moción presentada polo alcalde, Abel Caballero, na que se pedía a presidencia da nova caixa para Julio Fernández Gayoso, la dirección xeral para José Luis Pego, a maioría no comité de dirección e no Consello de administración da nova caixa e a sede en Vigo ademáis da derogación ou suspenso da Lei de caixas. Finalmente BNG e PP votaron a favor dunha enmenda nacionalista de substitución, co PSdeG en contra, na que abógase pola paridade.

martes, 11 mai 2010
12735813531272287777pp.JPG
Os grupos municipais do BNG e do PP da corporación municipal de Vigo, en sesión extraordinaria, votaron hoxe martes a favor dunha enmenda na que se insta as dúas caixas galegas, Caixanova e Caixa Galicia, a "levar a bo porto o proceso de fusión", e na que se aboga por unha "fusión paritaria e equilibrada".

A votación da enmenda prodúxose despois do debate aberto no pleno sobre a moción presentada polo rexidor socialista, Abel Caballero, "para poñer en claro as posicións políticas". Nela o alcalde reclamou a presidencia da nova caixa para Julio Fernández Gayoso, a dirección xeral para José Luis Pego, que a caixa viguesa obstente a maioría no comité de dirección e no consello de Administración así como a sede na cidade olívica. Ademáis pedía que a lei de caixas, do 30 de decembro, quedara derogada ou en suspenso durante cinco anos para poder consolidar a caixa resultante.

A enmenda introducida polos nacionalistas foi a que se votou finalmente con 17 apoios dos concelleiros do BNG e do PP. A proposta recolle que o proceso de fusión chegue a bo porto" e que éste remate coa consolidación dunha única caixa galega "solvente e viable que permita dotar a Galiza dunha entidade financeira que manteña o poder de decisión económico en Vigo e en Galiza". A enmenda do BNG fala tamén dunha fusión "paritaria e equilibrada na que Caixanova e Vigo xoguen o papel que lle corresponde como motores económicos, sociais e financeiros do noso país".
Descargar todas as imaxes

Máis información