Escoitar

Vigo celebra por segundo ano consecutivo o Día de Europa

A Axencia Comunitaria de Control da Pesca e a representación da Comisión Europea en España celebraron hoxe en Vigo o Día de Europa, no marco da Presidencia Española do Consello da UE. A Ministra de Pesca, Elena Espinosa, abogou porque Europa estea "á altura das circunstancias" nun momento no que "o pesimismo instalouse en moitos fogares".

luns, 10 mai 2010
A Axencia Comunitaria de Control da Pesca e a representación da Comisión Europea en España celebraron hoxe en Vigo o Día de Europa, no marco da Presidencia Española do Consello da UE. Vigo súmase así, por segundo ano consecutivo, á organización de diferentes actividades para conmemorar o 9 de maio de 1.950, día no que Robert Schuman presentou a proposta para a creación dunha Europa organizada, como requisito para a paz duradeira que se traduxo no inicio da UE.

O programa das autoridades comenzou cunha visita al veleiro-taller "Traité de Rome" e continuou cun acto insitucional na sede da Axencia de Pesca. O director da mesma, Harm Koster, deu a benvida ao director da Representación da Comisión Europea en España, Francisco Fonseca Morillo, a conselleira do Mar, Rosa Quintana e a titular de Medio Ambiente, Elena Espinosa, entre outras autoridades presentes no acto. Koster destacou que a intención das actividades é a de achegar Europa aos cidadáns cunha carpa europea situada no porto onde se deu información sobre a UE e sobre traballo da Axencia.

Tamén agradeceu Koster a presencia en Vigo do "Traité de Rome" que tras ter sido utilizado como buque -obradoiro para xóvenes de toda Europa navegando por todo o mundo, realiza agora un percorrido polos portos españois máis emblemáticos con motivo da presidencia española.

Con estas actividades tanto a Representación da Comisión Europea en España como a ACCP queren achegar Europa a realidade local e buscar fórmulas posibles para promover o proxecto europeo entre a cidadanía de Vigo e galega.

Neste sentido Elena Espinosa defendeu a necesidade de que Europa estea á altura das "circunstancias" nun contexto de "pesimismo instalado en moitos fogares". Así insistiu en que a declaración de Schuman ten plena vixencia e que é importante "reafirmar a vocación europea".