Os actos do Día das Letras comezarán o 15 de maio con cine en galego e terán o seu prato forte o 16 en Castrelos
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentaron este luns a programación organizada con motivo do Día das Letras Galegas. Os nacionalistas explicaron que este ano as actividades se desenvolverán sobre todo os días 15 e 16 de maio e convidaron á cidadanía a participar tanto nas iniciativas propostas como na manifestación que se celebrará o día de 17 en Compostela "polo momento difícil que está a atravesar a nosa lingua".
Santi Domínguez salientou que un obxectivo "común e transversal" das áreas que coordina a Tenencia de Alcaldía é a "potenciación da nosa cultura e a promoción da nosa lingua". "Coa chegada do BNG ao goberno de Vigo institucionalizamos os actos con motivo do Día das Letras Galegas", asegurou o tenente de alcalde. Ao respecto aclarou que esa institucionalización non caracterizaba ao anterior goberno da cidade "habida conta da actitude do Partido Popular ao respecto da lingua".
Segundo Santi Domínguez, dende as concellerías nacionalistas trabállase dende a perspectiva de "manter as nosas sinais de identidade". Ao seu xuízo, sen elas estariamos "en grave risco de desaparecer como pobo". Respecto ao programa elaborado con motivo do Día das Letras, adicado este ano a Uxío Novoneyra, salientou que ofrece actividades un público de todas as idades, pero expresou o seu desexo de que "non se quede só en iso, senón que contribúan a normalizar a nosa lingua os 365 días do ano". Finalmente, felicitou á concelleira de Normalización Lingüística e ao seu equipo polo seu traballo, plasmado nas actividades que se desenvolven ao longo do ano.
Iolanda Veloso debullou a programación prevista e indicou que as actividades comezarán o sábado día 15, co proxección en galego da película Gisaku nos Cines Yelmo do Centro Comercial Travesía ás 11 horas. Destacou que precisamente o cinema é un dos eidos no que o galego "está ausente" e de aí a decisión de incluír esta actividade no programa.
Tamén o 15 de maio, pero pola tarde, terá lugar unha visita teatralizada ao Casco Vello, "para coñecelo dun xeito amable e divertido", salientou a concelleira de Normalización Lingüística. O percorrido permitirá visitar as principais rúas do barrio histórico da man de persoeiros como Martín Codax, Rosalía de Castro ou Álvaro Cunqueiro.
O 16 de maio será o día central das actividades, coa celebración da terceira Festa das Letras en Castrelos. Iolanda Veloso destacou que ao longo de todo o día Os Carunhos amenizarán a xornada e se poderá ver a exposición "O galego, tamén noutros mundos", que amosará a presenza do galego noutros países.
Entre 12 e 12.30 horas terá lugar a inauguración, por parte do tenente de alcalde, do mural "Pegadas e fume", e a realización da foto coas persoas que participaron no prixecto. Posteriormente actuará o grupo vigués de baile Asubío e terá lugar o recital poético a cargo de María do Carme Kruckenberg, Xabier Paz e a compositora brasileira Socorro Lira, basado en textos de Novoneyra.
Un ano máis poderanse participar no xantar e mercar as cestas das letras, que inclúen diversas bebidas e produtos típicos como lacón, queixo, chourizos, empanada, ou torta de améndoa. Como novidade, poderán adquirirse as cestas para dúas ou catro persoas, encargándoas no número de teléfono 986 810 235 de 9 a 14 horas antes do venres, 14 de maio. O prezo da cesta é de 24 euros a cesta para dúas persoas e de 48 euros para catro persoas.
Iolanda Veloso salientou que a partir das 16 horas comezarán as actividades destinadas para os máis pequenos, como un obradoiro de cestería e outro de xoguetes, xogos populares, unha ciclobiblioteca e ás 17 horas unha actuación de monicreques. Finalmente, o día 17 terá lugar un concerto homenaxe a Novoneyra no museo Verbum ás 20 horas.
"Convidamos a ir á manifestación de Santiago para reivindicar o dereito lingüístico dos que vivimos neste país e pensamos que é preciso acadar a igualdade das dúas linguas", dixo a concelleira de Normalización Lingüística, quen lembrou que no último pleno foi aprobada unha moción de apoio a esta manifestación.
Descargar todas as imaxes