luns, 10 maio 2010

Os actos do Día das Letras comezarán o 15 de maio con cine en galego e terán o seu prato forte o 16 en Castrelos

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentaron este luns a programación organizada con motivo do Día das Letras Galegas. Os nacionalistas explicaron que este ano as actividades se desenvolverán sobre todo os días 15 e 16 de maio e convidaron á cidadanía a participar tanto nas iniciativas propostas como na manifestación que se celebrará o día de 17 en Compostela "polo momento difícil que está a atravesar a nosa lingua".

O Día dos Museos celebrarase do 18 ao 22 de maio no Castro, Casa das Artes, Verbum, Toralla e Castrelos

luns, 10 mai 2010

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, anunciou este luns que con motivo do Día Internacional dos Museos, diversas instalacións museísticas da cidade acollerán actividades ao longo da semana do 18 ao 22 de maio. Na presentación do programa, o nacionalista destacou que o obxectivo é ofrecer iniciativas que procuren "seguir achegando os museos á nosa cidade", en concreto aos xacementos de O Castro e o Toralla, así como os museos Verbum e Castrelos e a Casa das Artes.

Vigo celebra por segundo ano consecutivo o Día de Europa

luns, 10 mai 2010

A Axencia Comunitaria de Control da Pesca e a representación da Comisión Europea en España celebraron hoxe en Vigo o Día de Europa, no marco da Presidencia Española do Consello da UE. A Ministra de Pesca, Elena Espinosa, abogou porque Europa estea "á altura das circunstancias" nun momento no que "o pesimismo instalouse en moitos fogares".