venres, 14 mai 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este venres que a alta participación na creación do mural "Pegadas e fume", con arredor de 2.000 persoas, amosa o interese da cidadanía pola recuperación do patrimonio vigués. Nunha visita que realizou hoxe á obra, que se inaugurará o vindeiro 16 de maio ás 12 horas no palco do parque de Castrelos, salientou tamén que se trata da "primeira obra de arte colectiva da historia de Vigo".
venres, 14 mai 2010
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este venres unha nova edición do convenio coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos, que este ano pasou dos 15.000 aos 17.000 euros. Na presentación, na que tamén participou a coordinadora da Rede, Rosa Fontaíña, a concelleira nacionalista destacou a importancia de que o Concello de Vigo siga facendo esforzos no financiamento desta entidade, nomeadamente nestes momentos de crise económica.
venres, 14 mai 2010
O vindeiro 16 de maio, o Museo Quiñones de León desenvolve unha nova edición do programa para familias "Domingos de museo", que se celebrará baixo o título "Landriña viaxa ao interior das paisaxes". Segundo destaca o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, esta iniciativa ten o obxectivo de dar a coñecer o Museo da Cidade a todos os públicos.
Caballero reuniuse coa Asociación de Veciños e outros colectivos de Teis
venres, 14 mai 2010
O goberno municipal ten a intención de continuar na senda de avanzar para acadar espazos adicados a investigación e a educación na ETEA. O alcalde asegurou que nas próximas horas comenzarán as obras do borde mariño. A reunión cos veciños de Teis prodúcese nun día no que a Fundación Provigo e a Universidade asinaron un acordo de colaboración no proxecto de Campus Marino de Excelencia Internacional.
O alcalde mantivo un encontro cun destacado número de profesionais deste colectivo
venres, 14 mai 2010
O alcalde repasou con este colectivo os proxectos máis destacados da cidade, así como as preocupacións concretas deste sector. A reunión enmárcase na ronda de encontros que o rexidor local mantén con diversas comunidades profesionais para pulsar as preocupacións en todos os temas de interese da cidade.