Escoitar

O alcalde anuncia o recorte nun 15% nas súas retribucións, e proporá o mesmo aos concelleiros municipais

Abel Caballero asegurou hoxe xoves que recortará nun 15% as súas retribucións desde o momento de publicación do decreto do Goberno de España para reducir o déficit público. O alcalde avanzou que proporá aos corporativos con dedicación exclusiva no Concello a adopción desta medida "exemplarizante" dirixida ao aforro das entidades públicas, aínda que Caballero precisou que Vigo, dos grandes municipios españois, é "o Concello máis saneado de España en réxime común".

xoves, 13 mai 2010
1273754220P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que reducirá nun 15% todas as súas retribucións, e solicitará ao resto de concelleiros municipais con dedicación exclusiva a adopción desta mesma medida "exemplarizante".

Caballero explicou que este recorte entrará en vigor no mesmo momento de publicación do decreto do Estado para reducir o déficit público, que apróbase este venres en Consello de Ministros para ser previsiblemente publicado o sábado.

"Se hai que facer esforzos, o alcalde de Vigo vai ser o primeiro", apuntou o rexedor quen defendeu as medidas para contraer o gasto presentadas onte polo presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, ao consideralas unha "decisión moi valente que debe ser apoiada". Do mesmo xeito, o alcalde recordou que, entre os grandes municipios do Estado, Vigo é "o Concello máis saneado de España en réxime común".

Abel Caballero indicou asemade que o mércores da próxima semana, os alcaldes manterán na Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) unha reunión co vicepresidente terceiro e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, na que explicará aos municipios medidas concretas sobre o gasto nas corporacións locais.
Descargar todas as imaxes