Xesus López destaca que o convenio coa Agrupación de Centros Culturais fomenta a participación en teatro e danza
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este xoves a nova edición do convenio coa Agrupación de Centros Culturais de Vigo, que ascende a 15.000 euros. Na presentación, na que tamén participou o presidente da entidade, Roberto Giráldez, o nacionalista destacou que esta iniciativa trata de facer partícipes aos barrios e parroquias de Vigo nas actividades culturais mediante o apoio ao programa "Vente con nós" e a Semana de Teatro Afeccionado.
"A política da Concellería de Cultura trata de dar resposta á necesidade de descentralizar as actividades culturais, de xeito que participe o maior número posible de persoas", explicou Xesus López. Asemade, o concelleiro de Cultura destacou tamén que a sinatura do convenio garante a participación dos axente culturais de Vigo. "O Concello ofrece a estrutura e Cultura asina convenios coas asociacións para poñer en marcha os distintos programas", sinalou.
Xesus López indicou que o convenio recolle a participación de 14 entidades e 29 grupos de danza e de música tradicional. Asemade, explicou que contempla dous apartados, o programa "Vente con nós", que prevé un total de 42 actuacións, e a Semana de Teatro Afeccionado, que terá lugar a finais de outubro no Auditorio Municipal.
Ao respecto, comentou que este certame tamén servirá para seleccionar as compañías que participen no Vigo a Escena 2010. Finalmente, felicitou á Agrupación de Centros Culturais "polo traballo que desenvolve ao longo de todo o ano", e nomeadamente ao seu presidente, "pola súa colaboración".
Roberto Giráldez, pola súa banda, agradeceu as verbas do concelleiro de Cultura e asegurou que nun momento de crise como a actual que a Concellería de Cultura siga apostando por este convenio, incrementando a súa contía "é de agradecer e de ter en conta".
Salientou que "dende a chegada deste equipo de goberno vese o interese de potenciar as actividades musicais e tradicionais galegas". No tocante ao programa "Vente con nós" indicou que calquera asociación pode solicitar as subvencións correspondentes "cun caché importante e superior ao de calquera outra administración, o que compensa o esforzo que fan ao longo de todo o ano".
Respecto á Semana de Teatro Afeccionado, destacou que xa existe "un marco no que actuar, tras o arranxo do Auditorio Municipal, non só nas instalacións, senón tamén no equipamento". Sinalou que serán sete os grupos que participarán no concurso e un que o fará como convidado.
Descargar todas as imaxes