O alcalde asegura que os 10 millóns adxudicados para melloras crearán 100 empregos directos
Abel Caballero anunciou hoxe mércores a adxudicación das humanizacións de López Mora, Pizarro, Pi y Margall, Dr Cadaval, Lugo e Perú, xunto con outras melloras, cun investimento de 10 millóns de euros. Estas obras darán traballo directo a 100 persoas e, cos indirectos, a unhas 350, apuntou o rexedor. O goberno tamén validou dúas escolas infantís e melloras na Alameda de Bembrive, en Santa Cristina, nos xardíns do Castro e no carril bici da Avenida de Castelao. Os traballos iniciaranse na primeira quincena de xuño.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que os 10 millóns de euros que ven de adxudicar o goberno local para melloras na cidade suporán a creación de 100 postos de traballo directos.
Tal e como explicou o rexedor, estas obras adxudicadas, entre directos e indirectos, sumarán entre 350 e 400 empregos totais, derivados dos "case 10 millóns de euros" aos que ascenden as adxudicacións aprobadas onte martes polo goberno que preside.
Segundo informou Caballero en rolda de prensa, a Xunta de Goberno Local validou as adxudicacións das humanizacións de Pi y Margall (3,5 millóns de euros), o tramo de López Mora entre José Frau e Camelias (1,8 millóns), Pizarro (2,1 millóns) e Dr Cadaval, Lugo e Perú (832.000 euros).
O alcalde tamén anunciou a luz verde para a rehabilitación das escolas infantís de Casiano Martínez e Tomás Alonso, con 255.000 euros de investimento cada unha; a adecuación do carril bici de Castelao, unha "vella demanda" do colectivo ciclista que suma 290.000 euros de orzamento; melloras nos centros da Alameda de Bembrive, por 350.000 euros; a conservación do patrimonio artístico e paisaxístico dos xardíns do Castro, con 300.000 euros; e a mellora das redes de servizos soterradas en Santa Cristina, cun gasto de 240.000 euros.
Estas reformas iniciaranse "na primeira quincena de xuño" para estar rematadas nun prazo medio de seis meses. Éstas, incidiu o socialista, amosan que "continuamos co proceso de humanización de todo Vigo", obras ás que hai que sumar as melloras nas parroquias xa en marcha e as que acometeranse con cargo ao orzamento aprobado para 2010, outros 25 ou 30 millóns de investimentos.
Para finais deste ano estarán concluídas estas melloras, así como as que estanse a realizar actualmente no rural vigués -por valor de 8 millóns de euros-. Para marzo ou abril do vindeiro ano 2011 rematarán as obras do orzamento deste ano.
Descargar todas as imaxes