O Verbum proxecta o xoves "Mamasunción volve ao correo" para celebrar os 25 anos da primeira película en galego
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este martes que o Verbum celebrará o vindeiro xoves, 13 de maio ás 20 horas, o 25 aniversario da gravación da primeira película en galego polo director Chano Piñeiro mediante a proxección do documental "Mamasunción volve ao correo". Na presentación da obra, na que tamén participaron a viúva do director galego, Mari Luz Montes, e o codirector da mesma, Francisco Rozados, o concelleiro do BNG destacou que o documental é "unha reflexión do feito histórico que nos permite falar de cine en galego".
Xesus López explicou que Chano Piñeiro comezou os seus traballos nos anos setenta, pero que foi con "Mamasunción" coa cinta coa que o director gañou "multitude de premios e recoñecemento internacional". Lembrou que a curtametraxe está baseada nas lembranzas de Chano Piñeiro no seu pobo, Forcarei, e nel aborda os "efectos dramáticos da emigración".
O codirector de "Mamasunción volve ao correo", Francisco Rozados "Rochi", sinalou que a idea de realizar este documental xurdiu ao ver a homenaxe que lle fixo Ignacio Vilar a Chano Piñeiro con "Sempre Xonxa en Petín". Destacou que o documental está dividido en cinco partes en función dos seus cinco protagonistas, a velliña que é Mamasunción, o bohemio, o carteiro, a aldea, e o propio Chano Piñeiro.
Rochi indicou que o documental foi estreado no mes de Nadal en Forcarei, e posteriormente proxectouse en A Estrada e Pontevedra, "de xeito que pechamos a minixira o xoves no Verbum".
Mari Luz Montes, viúva do director, asegurou que estes días son "momentos moi emotivos" e agradeceu a todas as persoas que fan posible que se siga recordando a obra de Chano e a súa humanidade. Salientou que facer realidade a película "foi posible grazas ao equipo técnico e artístico e moitos amigos que hoxe seguen sendo amigos".
Descargar todas as imaxes