O alcalde anuncia a construción da rotonda do Segundo Centenario en Celso Emilio Ferreiro
Abel Caballero avanzou hoxe martes que o goberno local adxudicou a humanización da rúa Celso Emilio Ferreiro e a construción dunha rotonda nesta rúa con Venezuela, para gañar en seguridade viaria. O alcalde desvelou que esta infraestrutura conmemorará o segundo centenario da cidade, e reunirase con artistas para definir o seu contido. Caballero asegurou que para o verán coñeceránse novas accións para festexar os 200 anos como cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes a adxudicación dos traballos de construción dunha rotonda en Celso Emilio Ferreiro con Venezuela, cuxo contido conmemorará o segundo centenario da concesión a Vigo do título de cidade.
A construcción da rotonda e a humanización da rúa Celso Emilio Ferreiro suporán un investimento de 776.000 euros, con cargo ao novo Plan E do Goberno de España para 2010. O alcalde anunciou que, de cara a definir o contido da rotonda, manterá unha reunión próximamente con artistas para a proposición da mesma como a rotonda do segundo centenario.
O alcalde confirmou que esta dotación estará lista para a segunda quincena do mes de outubro, data na que terá lugar a efeméride dos 200 anos da Cidade de Vigo. Caballero avanzou que para o verán presentaranse novas iniciativas para conmemorar o acontecemento.
Outros acordos
Abel Caballero informou asemade dos acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local, que validou a adxudicación provisional das humanizacións de Santo Domingo, Casa Condesa Bárcena e San Salvador -no entorno de Pizarro-, cun investimento total de 1,4 millóns de euros.
O goberno tamén deu luz verde ao plan de seguridade e saúde para a instalación de 17 novos pasos de peóns resaltados, que uniranse aos 23 que actualmente xa están en funcionamento. O alcalde explicou que o investimento, con cargo ao Plan E para 2010, ascende a 184.000 euros e serán habilitados no centro, no casco urbano e en parroquias como Cabral, Balaídos, Matamá, Alcabre e Navia.
Outro acordo adoptado polo goberno de Vigo foi a aprobación do proxecto de humanización da Avenida de Galicia, entre os números 1 e 120, vial competencia da Xunta de Galicia pero que acometará o Concello dado o "estado lamentable" no que se atopa o mesmo, segundo aseverou o alcalde.
Descargar todas as imaxes