Santi Domínguez anuncia a construción dun albergue e centro de atención continuada para persoas en exclusión
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentaron este martes o proxecto para o centro social de atención continuada e albergue de Vigo, que se ubicará nun terreo municipal de 259 metros cuadrados situado na Travesía de Ribadavia. Os nacionalistas destacaron que o orzamento para construír as novas instalacións ascende a 700.000 euros, dos que os orzamentos do Concello para 2010 contemplan xa o 50% "polo que instamos á Xunta a cumprir o seu compromiso e colaborar".
"Hai días avanzabamos que tiñamos terreos para o albergue e que fariamos pública a súa ubicación e hoxe, ademais da ubicación podemos presentar tamén o seu proxecto", salientou o tenente de alcalde. Santi Domínguez manifestou que "dende o BNG dicimos que coa dignidade humana non se xoga e que Vigo non podía pasar sen este espazo".
O nacionalista asegurou que este proxecto non xurdiu nas últimas semanas, senón que tras a negativa do goberno da Xunta para abrir a Gote de Leite "por cabezonería política", a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar se puxeron a traballar buscando o emprazamento máis axeitado e o proxecto que encaixara nese espazo. "Coa presentación hoxe deste proxecto damos un paso de obrigado cumprimento e de xustiza social", destacou.
"Tiñamos claro que Vigo necesitaba algo máis que un espazo onde as persoas sen teito puideran durmir", dixo. Por iso salientou que as novas instalacións se presentan como "algo máis" que un albergue, xa que serán tamén un centro social de atención continuada no que se prestarán diversos servizos ás persoas en risco de exclusión social.
O tenente de alcalde explicou que o novo centro estará no número 20 da Travesía de Ribadavia nunha parcela de propiedade municipal de 259 metros cadrados, "céntrica e ben comunicada". Segundo indicou, na actualidade nestes terreos existe un edificio en estado de ruína, do que só quedan en pé os muros de pedra, que serán reutilizados na nova construción.
Santi Domínguez sinalou que a superficie total construída do novo centro será de 700 metros cadrados, aproximadamente, distribuídos en un soto e tres andares. No soto irán os diferentes servizos internos, como lavandería, roupeiro, despensa e almacén. A planta baixa estará destinada ao centro social de atención continuada, que terá 23 prazas. Ademais, haberá unha sala de usos polivalentes, unha zona de despacho e de rehabilitación social, unha lavandería e unha consigna, ademais dos aseos e a área de control e de recepción.
Nos andares superiores estará o albergue, cunha capacidade inicial de 30 prazas, que se poderán ampliar en función das necesidades. Respecto aos dormitorios, o tenente de alcalde especificou que terán entre dúas e catro prazas, así como unha zona común de estar e aseos.
Por outra banda, Santi Domínguez indicou que unha vez que o orzamento municipal esté operativo, "licitaremos as obras, que agardamos poidan estar concluidas a principios de 2011", aproximadamente. A concelleira de Benestar precisou que as obras poderían iniciarse a partir de setembro e estar rematadas en oito meses.
O tenente de alcalde expresou a súa satisfacción "por poder cumprir cunha débeda social que esta cidade tiña e cumprir asemade un compromiso electoral do BNG". Agradeceu a "loita e presión positiva" realizada polos distintos colectivos, entidades e ONG's, parte deles presentes na presentación, e aos que lles demandou que "sigan colaborando para que este proxecte nos guste a todos e todas e non haxa ninguén que poña en dúbida a necesidade de traballar pola dignidade humana e a igualdade de oportunidades". Asemade, felicitou á concelleira de Benestar Social, María Méndez, como impulsora do proxecto.
A concelleira de Benestar Social sumouse ás palabras do tenente de alcalde de agradecemento aos distintos colectivos polo seu "apoio e presión continua que mantiveron e que fan posible que as administracións reaccionemos". Agradeceu o traballo dos arquitectos que elaboraron o proxecto e aos arquitectos municipais, que serán os que supervisarán a súa posta en marcha. Tamén agradeceu o respaldo do grupo municipal do BNG, "porque vai seguir con políticas transformadoras, con ou sen apoio".
Respecto á xuntanza que mantivo onte coa secretaria xeral de Benestar dixo que a Xunta mantén o seu compromiso de colaborar co proxecto, aínda que queren analizar a parcela e o proxecto antes de pronunciarse. Preguntada polos medios sobre o tempo de estadía no centro, María Méndez sinalou que dependerá de como se xestione unha vez construído, pero que en todo caso existe unha ordenanza elaborada polo goberno galego anterior "que marca os tempos".
Destacou que o novo centro é o paso previo que Vigo precisaba para derivar ás persoas ao plan de inserción que se desenvolve a través dos pisos Vía, que contan con trece prazas.
Descargar todas as imaxes