mércores, 12 mai 2010
Abel Caballero anunciou hoxe mércores a adxudicación das humanizacións de López Mora, Pizarro, Pi y Margall, Dr Cadaval, Lugo e Perú, xunto con outras melloras, cun investimento de 10 millóns de euros. Estas obras darán traballo directo a 100 persoas e, cos indirectos, a unhas 350, apuntou o rexedor. O goberno tamén validou dúas escolas infantís e melloras na Alameda de Bembrive, en Santa Cristina, nos xardíns do Castro e no carril bici da Avenida de Castelao. Os traballos iniciaranse na primeira quincena de xuño.
mércores, 12 mai 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, clausuraron este mércores unha nova edición do programa "Camiña con nós pola igualdade", que na súa quinta convocatoria se impartiu en 35 centros escolares e acadou os 2.622 alumnos e alumnas participantes. No acto, que tivo lugar no EEI Monte da Guía, os nacionalistas salientaron a importancia de traballar a prol da igualdade de oportunidades dende o eido educativo.
mércores, 12 mai 2010
Un total de 36 deportistas acudirán a cita que se celebrará do 7 ao 13 de xuño en Valencia e na que representarán a cidade olívica nos III Xogos Europeos, Europolyb 2010. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, desexoulles sorte e animounos a traballar por acacar un bo resultado
mércores, 12 mai 2010
Unha delegación da organización do Forum FISU e os Campionatos do Mundo universitarios de taekwondo viaxou hoxe a Shenzhen (China), convidada pola Federación Internacional de Deporte Universitario (FISU). O comité executivo da FISU visita estes días a instalacións da cidade chinesa que será sede da Universiada de verán en 2011, e convocou a Vigo, organizadora este ano de dous eventos universitarios, o Foro Mundial FISU e o Campionato do Mundo Universitario de Taekwondo.