xoves, 13 mai 2010
O alcalde de Vigo e presidente da Fundación, Abel Caballero, e o rector da Universidade, Alberto Gago, asinaron hoxe un acordo de colaboración para participar no proxecto "Campus Marino de Excelencia Internacional". Caballero explicou que a ETEA será un lugar "referencial" para este proxecto e que nos terreos municipais deste espazo "xa está en mente" o campus marino.
xoves, 13 mai 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou este xoves que ao longo do ano 2010, un total de 158 persoas beneficiaranse do programa bono-taxi, un 58% máis que na convocatoria anterior. Cada unha delas recibirá unha axuda de 450 euros. A edil do BNG afirmou que o obxectivo desta iniciativa é o de favorecer o desprazamento na cidade, mediante a utilización do servizo público de taxi, a aquelas persoas afectadas de graves dificultades de mobilidade, e que non poden utilizar o transporte público colectivo.
xoves, 13 mai 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este xoves a nova edición do convenio coa Agrupación de Centros Culturais de Vigo, que ascende a 15.000 euros. Na presentación, na que tamén participou o presidente da entidade, Roberto Giráldez, o nacionalista destacou que esta iniciativa trata de facer partícipes aos barrios e parroquias de Vigo nas actividades culturais mediante o apoio ao programa "Vente con nós" e a Semana de Teatro Afeccionado.
xoves, 13 mai 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe unha nova desbrozadora que se sumará as dúas existentes na actualidade e que permitirá mellorar o rendemento da brigada de limpeza municipal. A invasión da maleza é unha das suxestións máis realizadas polos vigueses polo que a adquisición do tractor axudará a solucionar este problema. A inversión é de 60.378 euros