Escoitar

A Fundación ProVigo e a Universidade asinan un acordo para participar no proxecto do campus marino

O alcalde de Vigo e presidente da Fundación, Abel Caballero, e o rector da Universidade, Alberto Gago, asinaron hoxe un acordo de colaboración para participar no proxecto "Campus Marino de Excelencia Internacional". Caballero explicou que a ETEA será un lugar "referencial" para este proxecto e que nos terreos municipais deste espazo "xa está en mente" o campus marino.

xoves, 13 mai 2010
1273754124provigo.JPG
O convenio suscrito entre a Fundación Provigo e a institución universitaria establece o compromiso de participación na proposta "Campus Marino de Galicia" que a Universidade viguesa presentará á convocatoria do Ministerio e que vai sumando apoios día a día. Abel Caballero explicou hoxe que a ETEA será un lugar "referencial" para este proxecto e que nos terreos municipais deste espazo "xa está en mente" o campus marino.

Pola súa banda o rector da Universidade, Alberto gago, destacou que se siguen acadando apoios antes da presentación de que se envíe o primer borrador ao Ministerio, con data límite o 31 de maio. Gago explicou que a finais de mes se fará xa unha presentación completa das grandes cifras antes de que o proxecto sexa enviado a Madrid. O rector incidiu tamén en que as iniciativas do campus do mar superan as liñas de investigación e contemplan a creación de emprego a partir das patentes que xenere o campus, e sería ahí onde entraría a Fundación Provigo, a través de empresas e institucións que a integran.

O acordo suscrito recolle que se levarán adiante varias liñas de traballo conxunto centradas na definición dos ámbitos temáticos e procedementos para a cooperación en I+D+i e Formación de Postgrado no ámbito do "Campus Marino de Galicia". O compromiso pasa tamén pola vixiancia tecnolóxica compartida para identificar as liñas estratéxicas de avance científico e tecnolóxico en todas as actividades extractivas, de cultivo, de captura e de transformación importantes para o sector marino.

Do mesmo xeito identificaránse liñas vencelladas a esa vixiancia que implican a captación de recursos para a súa execución, prestando especial atención a aquelas iniciativas que pòidan ser compartidas coas universidades e organizacións empresariais portuguesas que se sumen ao apoio do proxecto.

O acordo estipula tamén a participación de ambas entidades na oferta formativa do Centro de Postgrado que contempla a proposta de Campus Marino, con atención especial á oferta de prácticas, proxectos de grao e iniciativas de carácter experimental que requiran dos recursos productivos dos asociados da Fundacioón Provigo. Por último o intercambio de información será mutuo na planificación, organización e execución das actividades citadas.

Tanto a Fundación coma a Universidade comprometéronse a habilitar medios materiais e humanos necesarios para potenciar as actuacións conxuntas; por parte de Provigo o compromiso estará especialmente volcado nos programas de experimentación, implantación e proba dos avances de I+D transferibles as actividades das empresas asociadas.
Descargar todas as imaxes