martes, 11 mai 2010
Abel Caballero avanzou hoxe martes que o goberno local adxudicou a humanización da rúa Celso Emilio Ferreiro e a construción dunha rotonda nesta rúa con Venezuela, para gañar en seguridade viaria. O alcalde desvelou que esta infraestrutura conmemorará o segundo centenario da cidade, e reunirase con artistas para definir o seu contido. Caballero asegurou que para o verán coñeceránse novas accións para festexar os 200 anos como cidade.
martes, 11 mai 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentaron este martes o proxecto para o centro social de atención continuada e albergue de Vigo, que se ubicará nun terreo municipal de 259 metros cuadrados situado na Travesía de Ribadavia. Os nacionalistas destacaron que o orzamento para construír as novas instalacións ascende a 700.000 euros, dos que os orzamentos do Concello para 2010 contemplan xa o 50% "polo que instamos á Xunta a cumprir o seu compromiso e colaborar".
martes, 11 mai 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este martes que o Verbum celebrará o vindeiro xoves, 13 de maio ás 20 horas, o 25 aniversario da gravación da primeira película en galego polo director Chano Piñeiro mediante a proxección do documental "Mamasunción volve ao correo". Na presentación da obra, na que tamén participaron a viúva do director galego, Mari Luz Montes, e o codirector da mesma, Francisco Rozados, o concelleiro do BNG destacou que o documental é "unha reflexión do feito histórico que nos permite falar de cine en galego".