Escoitar

O Concello adquire unha terceira desbrozadora para mellorar o rendemento da brigada de Limpeza

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe unha nova desbrozadora que se sumará as dúas existentes na actualidade e que permitirá mellorar o rendemento da brigada de limpeza municipal. A invasión da maleza é unha das suxestións máis realizadas polos vigueses polo que a adquisición do tractor axudará a solucionar este problema. A inversión é de 60.378 euros

xoves, 13 mai 2010
1273754174desbrozadora.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe unha nova desbrozadora municipal, que se sumará as dúas existentes na actualidade e que permitirá mellorar o rendemento da brigada de limpeza municipal. Tal e como indicou o alcalde, Abel Caballero, unha das protestas máis reiteradas dos cidadáns é a invasión da maleza nas beirarrúas e nalgunhas rúas da cidade, polo que a adquisición do novo tractor con brazo desbrozador contribuirá a solucionar este problema.

O rexidor socialista lembrou que en "multitude de ocasións" esta invasión procede de terreos particulares, que leva implícita unha multa e que ten que seguir o seu trámite administrativo; aínda así, neste período de tramitación o Concello procede a retirar a maleza.

A terceira desbrozadora estará operada por persoal do INEM e segundo explicou Abel Caballero, coas tres máquinas se vai a dar "razonable conta da maleza" tendo en conta que unha parte moi importante do territorio vigués pertence ao ámbito rural. O prezo de adxudicación da desbrozadora é de 60.378 euros.
Descargar todas as imaxes