Santi Domínguez presenta o mural "Pegadas e fume" como a primeira obra artística colectiva da historia da cidade
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este venres que a alta participación na creación do mural "Pegadas e fume", con arredor de 2.000 persoas, amosa o interese da cidadanía pola recuperación do patrimonio vigués. Nunha visita que realizou hoxe á obra, que se inaugurará o vindeiro 16 de maio ás 12 horas no palco do parque de Castrelos, salientou tamén que se trata da "primeira obra de arte colectiva da historia de Vigo".
O nacionalista e amosou a súa grata sorpresa polo cambio experimentado no palco de Castrelos, tras a instalación do mural, así como pola variedade da temática elixida polos participantes e as diferentes técnicas aplicadas. O tenente de alcalde expresou o seu compromiso por seguir apostando pola revitalización do Museo da Cidade. "Imos seguir traballando nesta liña, porque vemos que os vigueses e as viguesas desexan seguir recuperando o patrimonio.
Ao respecto, anunciou que nos vindeiros meses se realizarán outras obras de arte colectivas, co obxectivo de seguir fomentando a participación da cidadanía. Asemade, solicitou respecto de todos e todas para as obras, porque ao seu xuízo, só desta forma será posible mantelas no seu mellor estado. "Entre todos e todas temos que coidala", afirmou.
"Pegadas e fume" é un mural composto por azulexos cerámicos e creado ao longo de dous fins de semana no parque de Castrelos. Ten unhas dimensións de trece metros de longo por tres metros de alto e levará, no seu reverso, o nome de todas as persoas que participaron no proxecto, e que estarán presentes na inauguración oficial.
Descargar todas as imaxes