Escoitar
O alcalde mantivo un encontro cun destacado número de profesionais deste colectivo

Caballero reuníuse con arquitectos e aparelladores para por en común os proxectos da cidade

O alcalde repasou con este colectivo os proxectos máis destacados da cidade, así como as preocupacións concretas deste sector. A reunión enmárcase na ronda de encontros que o rexidor local mantén con diversas comunidades profesionais para pulsar as preocupacións en todos os temas de interese da cidade.

venres, 14 mai 2010
1273836728arquitectos.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse onte xoves cun destacado número de profesionais dos colectivos de arquitectos e aparelledores da cidade. A intención do encontro é a de facer un repaso con todos eles a situación da cidade de Vigo para pulsar as preocupacións do sector, así como a posta en común dos proxectos de cidade.

A reunión enmárcase dentro da ronda de encontros que o rexidor local ven desenvolvendo para abrir un diálogo sobre as necesidades e os avances da cidade olívica. Nas reunións cos diferentes colectivos profesionais non só se abranguen as áreas que lles tocan senón que o diálogo está aberto a todos os temas de interese da cidade.
Descargar todas as imaxes