Escoitar
Caballero reuniuse coa Asociación de Veciños e outros colectivos de Teis

O alcalde trasladóulles aos veciños de Teis o interés do Concello no campus mariño

O goberno municipal ten a intención de continuar na senda de avanzar para acadar espazos adicados a investigación e a educación na ETEA. O alcalde asegurou que nas próximas horas comenzarán as obras do borde mariño. A reunión cos veciños de Teis prodúcese nun día no que a Fundación Provigo e a Universidade asinaron un acordo de colaboración no proxecto de Campus Marino de Excelencia Internacional.

venres, 14 mai 2010
1273836416teis.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse na tarde de onte xoves coa Asociación de Veciños e outros colectivos de Teis para trasladarlles a importancia e o interés do Concello no proxecto da Universidade de Vigo "Campus Marino de Excelencia Internacional". Segundo lles explicou o alcalde, a intención do goberno municipal é continuar na senda de avanzar para gañar espazos para a investigación e a educación na ETEA.

Á espera de que a Xunta defina o proxecto, Abel Caballero falou tamén de que o goberno local avogaría para que a zona da súa propiedade albergara un novo centro de investigacións mariñas, o laboratorio de biotoxinas, un centro para a terceira idade ou unha escola infantil, que o Concello ofreceríase a asumir.

Para consolidar este proxecto, o alcalde aposta porque o porto acolla buques oceanográficos para a investigación e para o resto de espazo, que o alcalde cifra en 15.000 metros cadrados, Caballero opta porque queden reservados para posibles ampliacións do campus universitario de excelencia mariña.

O encontro cos veciños de Teis prodúcese nun día no que o alcalde, en calidade de presidente da Fundación Provigo e o rector da Universidade, Alberto Gago, asinaron un acordo de colaboración no proxecto de Campus Marino.

Nese encontro xa asegurou que a ETEA será un lugar "referencial" para este proxecto e que nos terreos municipais deste espazo "xa está en mente" o campus mariño. Tamén adiantou que nas próximas horas comenzarán as obras do "borde mariño" para que todo este ámbito quede aberto ao uso cidadán.
Descargar todas as imaxes