Escoitar
Mobilidade, Seguridade e Transportes

Bando suspensión da expedición de permisos de queimas

<br />

venres, 14 mai 2010
Co inicio da campaña de verán, época de máximo perigo de incendios, faise necesario extremar as medidas de prevencións de incendios.

Durante este período, que vai do 01 de xuño até o 30 de setembro, non se poderá realizar ningunha queima en toda clase de terreos dentro da zona urbana.

Co fin de minimizar ao máximo os efectos socioeconómicos e ecolóxicos dos lumes, suspéndese con carácter xeral, dende o 01 de xuño até o 30 de setembro, a admisión de solicitude de queimas de produtos do campo por parte do Rexistro Xeral do Concello de Vigo.