O alcalde afirma que Navalia amosará a capacidade da industria naval do sur de Galicia
Abel Caballero trasladou a súa felicitación ao comité organizador da feira por ser quen de facer que o sector naval conxugue tecnoloxía, tradición, capacidade emprendedora e saber vislumbrar o futuro. A feira desenvolverase no IFEVI do 18 ao 20 de maio e reunirá a 500 expositores e a 75 países representados. <br />
O alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, afirmou hoxe venres na presentación de Navalia que a feira amosará a capacidade da industria naval do sur de Galicia, debido a que os seus proxectos sinalan en dirección de "abrir mercados e coller carteira de pedidos".
Así o asegurou o rexidor vigués quen fixo unha breve revisión á situación económica actual. Caballero destacou que son "momentos cruciais para o mundo" e indicou que as crises marcan "os finais pero tamén os principios". Referíuse a que as economías industriais están no momento de "definir escenarios, e nalgúns ámbitos se empezan a ver saídas". Neste contexto Navalia chega a súa terceira edición coa vocación de situarse entre as 3 primeiras do mundo, convertindo a Vigo en punto de encontro do sector naval. De feito, hoxe en día é xa un referente en toda Europa e unha das principais ferramentas de promoción da construcción naval en todo o mundo.
Por todo elo o alcalde non quiso deixar pasar a oportunidade de felicitar "con palabras grandes" ao comité organizador "por levar adiante este importante e difícil proxecto". Abel Caballero salientou ademáis a profesionalidade do naval vigués por ser quen de "manter a feira, ampliala e internacionalizala, facéndoa máis profesional e institucional".