Escoitar
Xuventude

Concurso de fotos con móbil inter rail

<br />

venres, 14 mai 2010
Como todos os anos, a través dun convenio con RENFE, a Concellaría de Xuventude regala dous billetes InterRail para mozos/as da nosa cidade, co obxecto de que a mocidade teña a oportunidade de viaxar por Europa e gozar dunha experiencia inesquecible.
Este ano propoñémosvos gañar eses billetes a través dun concurso de fotografía co móbil. Tema: As fotografías versarán sobre a temática dos deportes urbanos: parkour, skate, bmx... e deberán estar tomadas no Municipio de Vigo.
Categorías:
a) De 15 a 17anos.
b) A partir de 18 anos e ata os 30 anos.
Premios:
Categoría de 18 a 30 anos:
1º premio: UN PREMIO DOBRE InterRail. Permitindo a viaxe gratuíta en tren para dúas persoas, na modalidade do Billete "GLOBALES FLEXIS". Esta modalidade permite viaxar en tren, durante 10 días, por máis de 30 países nun prazo de 22 días.
Categoría xuvenil de 15 a 17 anos:
Outorgaranse 4 premios:un marco dixital a cada premiado.
Máis información e bases: www.xuventudevigo.org"