Escoitar

Orde do día do Pleno da Corporación

venres, 28 mai 2010
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 12

CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día .31. de MAIO de 2010, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.



1.- Actas anteriores. (Ss. Exts. 11 e 22.02.10 e ord. 22.02.10)

2.- Intervención perante ó Pleno da Corporación da Federación de Asociacións de Padres de Alumnos do Sudoeste de Galicia, SURGAPA. Doc. 100053021.

ALCALDÍA
3.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

4.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.

5.- Dar conta das seguinte resolucións da Alcaldía:

a) De data 27.04.10 relativa ó réxime de dedicación dunha concelleira do Grupo municipal do PP.

b) De data 30.04.10 relativa a delegación temporal de competencias no concelleiro Sr. López Font.

c) De data 18.05.10 relativa a nomeamento de Dna. Mª Concepción Campos Acuña secretaria xeral do Pleno, en réxime de prórroga de comisión de servizos.

XESTIÓN MUNICIPAL
6.- Aprobación inicial do Regulamento orgánico do Pleno do Concello de Vigo. Expte. 1278-110

7.- Aprobación Plan Económico-Financeiro de reequilibrio da liquidación do Orzamento Xeral do ano 2009.

8.- Addenda ó convenio entre a Secretaría de Estado de Facenda e Presupostos (Dirección Xeral do Catastro) e o Concello de Vigo, de colaboración en materia de xestión catastral. Expte. 1033/500.

9.- Solicitude de compatibilidade da mestra de debuxo da Escola de Artes e Oficios Dª Rut Martínez López de Castro. Expte. 209/13.

10.- Solicitude descatalogación de camiño "Monte Vello" en Bembrive. Reclamación previa. Exptes. 18640-18647-18648/240.

11.- Proposta de cambio de representantes do Grupo municipal do Partido Popular nos distintos órganos colexiados municipais.

MOBILIDADE
12.- Aprobación inicial da disposición complementaria para regulación de turnos de descanso no sector de Autotaxi da cidade de Vigo. Expte. 78050/210.

CULTURA, INDUSTRIA, TURISMO E PATRIMONIO HISTÓRICO
13.- Creación da biblioteca pública municipal "Xosé Neira Vilas" e solicitude de convenio coa Xunta de Galicia para a súa integración na Rede de Bibliotecas de Galicia. (Expte. 12123-331).

14.- Proposta de irmanamento Vigo-Las Palmas de Gran Canaria. Expte. 6671/101.

15.- Proposta de nomeamento do actor Luis Tosar como embaixador honorífico do Casco Vello de Vigo. Expte. 12247/331.

URBANISMO
16.- Aprobación inicial da modificación orzamentaria 1/2010, crédito extraordinario para a urbanización do Camiño Arieiro. Expte. 4380/407-

17.- Aprobación Inicial da modificación puntual núm. 1 do PXOM-AA 01, Subestación de Balaídos. Expte. 11471/411.

18.- Modificación orzamentaria 7/2010. Crédito extraordinario. Expte. 4406/407.

MOCIÓNS
19.- Moción do Grupo municipal do BNG solicitando se inste á Xunta de Galicia -á sinatura dun convenio de cofinanciamento para dar continuidade ás actividades en CEDRO, así mesmo a continuidade das subvencións ás asociacións que traballan no ámbito das drogodependencias e outras adiccións. Doc. 100071547.

20.- Moción do Grupo municipal Socialista instando se esixa á Deputación Provincial que invista o 35% dos seus orzamentos de investimento na cidade. Doc. 100052571.

21.- Moción do Grupo municipal Socialista solicitando se inste á Xunta de Galicia a dotar de banda ancha a todos os centros públicos e á preparación do profesorado.

22.- Moción do Grupo municipal Socialista solicitando instar á Xunta de Galicia o investimento necesario para reparacións de distintas instalacións de centros escolares.

23.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular instando a redacción dunha ordenanza para o control das rúas onde se exerza a prostitución. Doc. 90181977.

24.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular instando ó Alcalde a que reciba á Federación de AAVV Eduardo Chao, que se lle aboe a cantidade recollida no orzamento de 2008 e que se inclúa no de 2010. Doc. 91086664

25.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular Instando a adhesión ó manifesto "Galicia ten dereito" Doc. 100021009.

26.- Moción do Grupo Municipal do partido Popular instando o rexeitamento do uso da palabra "gallego" de xeito despectivo pola deputada Rosa Díez. Doc. 100034562.

27.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular solicitando se inicien os trámites para o rescate dos aparcadoiros da Porta do Sol e Praza de Portugal. Doc. 100038714.


28.- Rogos e preguntas.