Laura López Atrio clausurou as primeiras Xornadas de Teatro Escolar cunha entrega de diplomas
A concelleira de Educación acudiu hoxe venres á Asociación Veciñal Monte da Mina, onde tivo lugar o peche da primeira edición das Xornadas de Teatro Escolar, organizadas pola Concellería de Educación a través da Escola Municipal de Teatro. As actividades realizáronse ao longo das pasadas catro xornadas lectivas, e hoxe concluíronse con representacións dos CEIP Ría de Vigo, O Pombal e Alfonso D. Rodríguez Castelao.
A concelleira de Educación, Laura López Atrio, clausurou este venres na AVV Monte da Mina a primeira edición das Xornadas de Teatro Escolar, novidosa iniciativa posta en marcha pola Concellería de Educación que dirixe a socialista Laura López Atrio mediante a Escola Municipal de Teatro.
As actividades tiveron lugar durante as pasadas catro xornadas, desde o 25 ata hoxe venres, 28 de maio, e os participantes -alumnos dunha quincena de colexios- foron condecorados con sendos diplomas. O auditorio da Escola Municipal de Teatro, sito no Monte da Mina, acolleu representacións da propia Escola e de distintos centros escolares, entre os que se atopan os CEIP Carrasqueira, o Javier Sensat, o Chouzo e o Saladino Cortizo, todos eles no primeiro día.
As restantes xornadas desta iniciativa da Concellería de Educación viron as representacións doutros centros escolares, como o Lope de Vega, o Panxón, o Carballal-Cabral, o Belesar, o Seis do Nadal, a Doblada, o Pintor Laxeiro, o Frián-Teis, o Ría de Vigo, o Pombal e o Rodríguez Castelao.
Os escolares e grandes protagonistas desta proposta novidosa do departamento que dirixe a socialista Laura López Atrio, en cada unha das xornadas, foron trasladados dos propios centros escolares ao Auditorio da Escola Municipal de Teatro.