O Concello inviste 33.000 euros nun novo parque e unha pista de petanca na Florida
Abel Caballero visitou hoxe xoves estas novas dotacións que supuxeron diversas actuacións de mellora no entorno así como a creación dun parque infantil que contará con preto de 300 metros cadrados. Os novos espazos dan resposta as demandas de ocio dos veciños da zona, tanto para maiores coma para os pequenos.
O alcalde de Vigo visitou hoxe xoves o novo parque e a pista de petanca habilitado polo Concello na zona da Florida. As actuacións, nas que o goberno local ven de investir 33.000 euros, dan resposta as demandas de ocio dos veciños. O parque da Florida ocupa unha superficie de 3.000 metros cadrados, nos que se acometeron melloras nos camiños de aceso mediante a súa pavimentación con formigón impreso e cuia inversión acadou os 6.000 euros.
Outras das melloras acometidas polo goberno socialista consistiron na instalación de valado perimetral de madeira, a colocación de mesas e bancos de pedra e de madeira así coma o axardinamento e a mellora dos camiños interiores. A inversións destas actuacións ascenderon a 12.000 euros.
Parque infantil
Pero ademáis, este espazo carecía de parque infantil e a elo adicáronse 285 metros cadrados para a instalación de xogos infantís cunha inversión de 15.000 euros. Neste espazo, e dacordo coa normativa vixente, perimetrouse toda a area con vala de galvanizado pintado en distintas cores, unha entrada dotada de sistema antican e superficie amortiguadora de seguridade.
Descargar todas as imaxes