venres, 28 mai 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Xuventude e Igualdade, Iolanda Veloso, clausuraron este venres o programa Empatía, no que participaron un total de 761 alumnos e alumnas de sete centros de ESO de Vigo e 15 profesores do IES Castelao. No acto os nacionalistas subliñaron que o eido da educación é un dos ámbitos fundamentais para promover a igualdade e destacaron a boa acollida que están tendo os programas que fomentan esta cultura nos centros educativos da cidade.
venres, 28 mai 2010
Abel Caballero visitou este venres o Instituto de Educación Secundaria de Teis, que celebra este 2010 o seu 25 aniversario como centro educativo. A dirección programou xunto co alumnado diversas actividades para a xornada de hoxe, entre as que destaca unha feira con postos de estética, perruquería e informática elaborados e xestionados polos propios escolares.
Educación reitera que hai dúas opcións, ampliar o colexio na parcela actual ou facer un novo centro nas aforas da cidade, onde si hai terreos dispoñibles
venres, 28 mai 2010
A concelleira de Educación, Laura López Atrio, insiste en que o proxecto duplica a actual capacidade do centro e adáptase a normativa vixente. A socialista dispón dun informe de Urbanismo que avala a legalidade da proposta e acusa á Xunta de que non ten "vontade" de construilo, e confirma que edificar un novo centro nos xardíns do Liste "non é unha opción". "Non sería bo facer edificios nas zonas verdes de Vigo", concluíu.
venres, 28 mai 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou este venres que o polideportivo das Travesas acollerá mañá e o domingo o Campionato de España de ximnasia acrobática. O nacionalista destacou a participación do club vigués Flic Flac, polo que animou á cidadanía a comprobar a espectacularidade dunha especialidade deportiva baseada na disciplina e o esforzo.
venres, 28 mai 2010
A concelleira de Educación acudiu hoxe venres á Asociación Veciñal Monte da Mina, onde tivo lugar o peche da primeira edición das Xornadas de Teatro Escolar, organizadas pola Concellería de Educación a través da Escola Municipal de Teatro. As actividades realizáronse ao longo das pasadas catro xornadas lectivas, e hoxe concluíronse con representacións dos CEIP Ría de Vigo, O Pombal e Alfonso D. Rodríguez Castelao.
venres, 28 mai 2010
O vindeiro luns, 31 de maio, remata o prazo para mercar os abonos para asistir aos concertos do Festival de Jazz Imaxina Sons que terán lugar no Centro Cultural Caixanova, MARCO e Auditorio Municipal. O abono completo, que posibilita asistir aos dez concertos, ten unha bonificación do 15% na compra telefónica no 902 504 500.