O tenente de alcalde clausura o programa Empatía, no que participaron máis de 770 alumnos e profesorado da ESO
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Xuventude e Igualdade, Iolanda Veloso, clausuraron este venres o programa Empatía, no que participaron un total de 761 alumnos e alumnas de sete centros de ESO de Vigo e 15 profesores do IES Castelao. No acto os nacionalistas subliñaron que o eido da educación é un dos ámbitos fundamentais para promover a igualdade e destacaron a boa acollida que están tendo os programas que fomentan esta cultura nos centros educativos da cidade.
Os obxectivos xerais do programa Empatía consisten en promover entre o alumnado da ESO a cultura da igualdade entre mulleres e homes, animar a pais e nais a fomentareste valor desde o fogar, proporcionar ferramentas ao profesorado para a promoción da igualdade de oportunidades, formar un grupo de profesionais especializado neste ámbito e ofertar accións educativas de curta duración que permitan afondar na igualdade.
Para acadar estes obxectivos, o programa consta de dous módulos, un dirixido á formación do profesorado e outro destinado para o alumnado. O obradoiro destinado ao profesorado, "Igualdade no centro e na acción titorial", quere facilitar o traballo da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes desde o aula. Trátanse diferentes temas, como o sexo, xénero e sexismo, os distintos modelos de escola, os contidos e materiais escolares, a importancia da educación afectiva e sexual, o problema da violencia na escola e os recursos que se poden empregar para o traballo no centro e no aula.
Respecto ao obradoiro para o alumnado "Todas e todos", trata diferente contido segundo o curso ao que vaia destinado. Deste xeito, en 1º da ESO abórdase a discriminación social da muller, os roles e estereotipos e as habilidades socio-afectivas. En 2º da ESO trátase sexo e xénero, corresponsabilidade e autoestima. En 3º da ESO coméntase a corresponsabilidade, a sexualidade e as relacións amorosas na igualdade; e finalmente, en 4º da ESO explícase a escolla profesional en función do xénero, as relacións amorosas na igualdade e os dereitos sexuais.
Descargar todas as imaxes