Periódo de cobranza voluntaria da taxa pola recollida do lixo e exacción unificadas industriais
<br />
D E C R E T O
Conforme co establecido no artigo 36 de Ordenanza fiscal xeral, aprobada por acordo do Pleno do día 25 de decembro de 1995 publicado no BOP 11 de decembro de 2009, e no uso das atribucións que me confiren, resolvo sinalar o período de cobranza voluntaria para os padróns das taxas pola recollida do lixo (vivenda) e exacción unificadas industriais (EUI) dende o 1 de xuño ao 2 de agosto deste ano.
N O T A I N F O R M A T I V A
Normas de procedemento para o ingreso dos tributos municipais de cobro periódico e notificación colectiva do Concello de Vigo no presente exercicio:
1º.- O Concello remitirá aos domicilios fiscais dos contribuíntes un aviso de pagamento co que se poderá facer o ingreso en calquera entidade de depósito colaboradora na recadación municipal (a práctica totalidade das mesmas), na oficina da entidade de depósito sita no interior da Casa Consistorial, ou ben nos caixeiros automáticos das entidades financeiras colaboradoras na recadación municipal que teñan habilitada esta opción, ata a data límite de ingreso que se sinala naquel, no horario de caixa establecido por cada entidade para o pagamento dos recibos non domiciliados.
2º.- O ingreso tamén poderá efectuarse a través de INTERNET, mediante tarxeta de crédito ou débito, dende a páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), pulsando na pestana "trámites mais comúns", opción "pagamento de recibos". Este servicio será totalmente gratuíto para os usuarios, calquera que sexa a entidade financeira emisora da tarxeta coa que se efectúa o aboamento.
3º.- As/os contribuíntes que teñan domiciliado o tributo non recibirán o documento de pagamento, cargándoselles na conta indicada o importe correspondente o último día do período voluntario. As devolucións que se produzan causarán baixa automaticamente no ficheiro xeral de domiciliacións do Concello para exercicios sucesivos.
4º.- As/os contribuíntes que tiveran os seus tributos domiciliados e aínda así reciban nos seus domicilios o documento de pagamento, será porque a domiciliación é incorrecta. Deberán entregar o xogo de documentos na entidade bancaria que o tratará como un cobro de ventá sen prexuízo de que, unha vez asinada a autorización, sexa informatizada a citada domiciliación para exercicios posteriores.
5º-. As/os contribuíntes que por calquera causa deixen de recibir o documento de pagamento poderán obter un duplicado a través de internet, dende a páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), pulsando na pestana "trámites mais comúns", opción "impresión de recibos", ou ben en calquera oficina das entidades BBVA, LA CAIXA, CAIXA GALICIA ou CAIXANOVA.
EXACCIÓNS MUNICIPAIS
PERÍODO VOLUNTARIO DE COBRANZA
Por resolución da concelleira delegada de economía e facenda do Concello de Vigo de data 20 de maio do 2010, sinálase o período voluntario de cobranza do:
TAXA POLA RECOLLIDA DO LIXO NAS VIVENDAS
EXACCIÓNS UNIFICADAS INDUSTRIAIS (LIXO INSDUSTRIAL) CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2010
Período de cobranza: Do 1 de xuño de 2010 ao 2 de agosto do 2010, ambos os dous incluídos.
Forma de pagamento: Os/as contribuíntes que reciban no seu domicilio fiscal un aviso de pagamento para tal fin, poderán efectuar o ingreso por algún dos seguintes medios:
A través de internet, mediante tarxeta de crédito ou débito, dende a páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), pulsando na pestana "trámites mais comúns", opción "pagamento de recibos". Este servicio será totalmente gratuíto para os usuarios, calquera que sexa a entidade financeira emisora da tarxeta coa que se efectúa o aboamento.
Nos caixeiros automáticos das entidades financeiras colaboradoras na recadación municipal que teñan habilitada esta opción.
En calquera oficina das seguintes entidades colaboradoras na recadación:
CAIXANOVA LA CAIXA
CAIXA GALICIA BBVA
BARCLAYS BANK BANCO PASTOR
CAJA DUERO BANCO SIMEON
CAIXA CATALUNYA BANCO ETCHEVARRÍA
BANCO SABADELL-ATLÁNTICO CAJA MADRID
BANCO DE SANTANDER CITIBANK
BANESTO BANCO MAPFRE
BANCO ESPIRITO SANTO BANCO GALLEGO
BANCO POPULAR BANCO ZARAGOZANO
CAJA ESPAÑA IBERCAJA
As persoas contribuíntes que por calquera causa deixen de recibir o documento de pagamento poderán obter un duplicado a través de internet, dende a páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), pulsando na pestana "trámites mais comúns", opción "impresión de recibos", ou ben en calquera oficina das entidades BBVA, LA CAIXA, CAIXA GALICIA ou CAIXANOVA.
Rematado o período voluntario, a recadación efectuarase polo procedemento de constrinximento sendo esixibles neste suposto as recargas do período executivo, xuros de mora e costas do procedemento (artigo 161 LXT).