Escoitar

Mañá venres saen á venda as entradas para o concerto que Patti Smith ofrecerá en Castrelos o 18 de xullo

As entradas para asistir ao concerto que a cantante americana Patti Smith ofrecerá o 18 de xullo ás 23 horas en Castrelos, dentro das Festas de Verán 2010, sairán mañá venres á venda. Segundo anunciou o concelleiro de Cultura, Xesus López, poñeranse á venda 3.500 entradas, e o seu prezo será de 10 euros na venda anticipada, a través do servizo Servinova de Caixanova e na Central de Espectáculo, e 12 euros na taquilla o mesmo día do concerto.

xoves, 27 mai 2010
1274973937Patti.jpg
Patti Smith actuará en Castrelos despois dunha xira mundial e con dez discos editados. No concerto estará acompañada por dous dos músicos da súa banda orixinal, Lenny Kaye na guitarra e Jay Dee Daugherty, na batería, por Tony Shanahan, que a acompaña no baixo e nos teclados desde 1996, e máis por Jack Petruzzelli á guitarra.

A aparición do disco "Horses", en 1975, supuxo a achega "dun punto feminista e intelectual á música do momento", así como unha intensa actividade política contraria ao belicismo norteamericano. A súa influenza na música é indiscutible, xa que bandas como REM ou U2 teñen recoñecido á cantante americana como unha das súas fontes de inspiración.
Descargar todas as imaxes