Escoitar

O Pleno condena unánimemente o "desproporcionado ataque do exército israelí" á "Flotilla de la Libertad"

Os tres grupos políticos con representación municipal votaron unánimemente para condear o ataque israelí en augas internacionais á frota da axuda humanitaria que se dirixía a Gaza, cun resultado de numerosas vítimas mortais e feridos, ao tempo que Vigo expresa as súas condolencias ás familias e unha pronta recuperación dos feridos.

luns, 28 xuñ 2010
1277729308oposicion.jpg
O Pleno da Corporación Municipal condenou unánimemente o "desproporcionado ataque do exército israelí" á denominada "Flotilla de la Libertad", acontecido o pasado 31 de maio en augas internacionais.

O acordo decidíu a condena ao ataque á frota de axuda humanitaria que se dirixía a Gaza, as condolencias e solidaridade viguesa coas familias das vítimas e o apoio á petición de distintos organismos estatais e supraestatais para que se leve adiante de inmediato unha investigación "imparcial, exhaustiva e transparente" sobre este feito para depurar as responsabilidades.

Ademais, o Pleno reclamou a inmediata liberación dos civís detidos, a posta en libertade das embarcacións retidas e a entrega da axuda humanitaria que transportaban. A Corporación expresou a súa "profunda indignación" pola continuación do "inaceptable e contraproducente" bloqueo á Franxa de Gaza e esixíu a Israel cumprir coa lexislación humanitaria internacional permitindo o pleno acceso da axuda humanitaria, mercancías e persoas.

Por último, a moción exhorta ás partes involucradas no conflito a actuar con responsabilidade para evitar outro episodio de violencia, "apoiar todos os esforzos para que as conversas de proximidade entre as partes cheguen a bo porto e en especia á Unión Europea a que se implique a fondo para resolver urxentemente esta situación e para favorecer as condicións necesarias que permitan avanzar definitivamente cara unha resolución global, xusta e duradeira do conflito baseada nas resolucións de Nacións Unidas".
Descargar todas as imaxes