Escoitar

A Corporación pide un reparto equilibrado dos fondos para cooperación da Xunta de Galicia

O Pleno da Corporación Municipal celebrado este luns acordou, a iniciativa do grupo socialista, instar á Xunta de Galicia a ter en conta o número de persoas desempregadas rexistradas en cada concello -cunha valoración mínima do 90%- para o reparto dos fondos para programas de cooperación.

luns, 28 xuñ 2010
1277729262gobierno.jpg
O Pleno da Corporación Municipal acordou este luns cos votos favorables do PSOE e BNG e o rexeitamento do PP solicitar á Xunta de Galicia un reparto equilibrado entre os concellos dos fondos de programas de cooperación.

Segundo reza a moción presentada ao Pleno polo grupo socialista, o Concello de Vigo insta á Xunta de Galicia a que se teña en conta a valoración dos programas de cooperación solicitados polos concellos á hora de efectuar o reparto de fondos, e que en 2010 se faga un reparto equilibrado, tomando como principal elemento a ter en conta o número de persoas desempregadas rexistrados por concello, cunha ponderación mínima dun 90%.

Sinala o texto aprobado que para evitar agravios e para que non se produzan grandes diferencias como sucedeu no ano 2009, no 2010 o resto das variables distintas do número de parados non teñan un paso maior na baremación do 10%.
Descargar todas as imaxes