Escoitar

O Pleno aproba a rebaixa do 15% dos soldos dos políticos e a aplicación do Decreto estatal contra o déficit

Convocado en sesión extraordinaria, os tres grupos municipais do Pleno (PP, PSOE e BNG) acordaron unánimemente rebaixar as súas retribucións nun 15%, seguindo a proposta do alcalde; pola contra, a Corporación aprobou a aplicación do decreto estatal contra o déficit no Concello -que contempla a reducción progresiva do 5% de media aos empregados públicos- coa abstención de populares e nacionalistas e o voto favorable dos socialistas.

mércores, 9 xuñ 2010
1276086946pleno.JPG
O Pleno da Corporación municipal deu hoxe mércores o seu visto bo á rebaixa nun 15% das retribucións dos cargos electos e á aplicación no Concello do Real Decreto con medidas para a redución do déficit.

Ao respecto da primeira cuestión, os tres grupos políticos con representación municipal (PP, PSOE e BNG) amosaron o seu acordo na diminución dos seus salarios nun 15%, seguindo a proposta do alcalde, Abel Caballero, unha medida exemplarizante para expor que "o máximo esforzo recae sobre os cargos electos", sinalou o concelleiro de Persoal, Carlos Font.

Sobre a aplicación das medidas contra o déficit no Concello -que inclúe o recorte medio e progresivo dun 5% nos soldos dos funcionarios-, os socialistas recoñeron aos empregados públicos o seu "esforzo" e defenderon a actuación "valiente" do goberno central.

O PP e o BNG abstivéronse na votación deste punto e rexeitaron o Real Decreto do Goberno de España. O nacionalista Santiago Dominguez criticou as "medidas neoliberais" que se están a adoptar polos mesmos que causaron a crise económica e opúxose a que os custes da saída da crise recaian en aqueles que non son culpables da actual situación económica. Pola súa banda, o voceiro popular, Chema Figueroa, aseverou que o Real Decreto castiga aos menos favorecidos e denunciou que o Goberno de España está a xerar máis "desconfianza e desemprego".

Unha vez validadas polo Pleno da Corporación ambos puntos, o Concello ten previsto un aforro de 1,2 millóns de euros para o que resta de ano 2010, cantidade que irá destinada á reducción da débeda municipal, tal e como estipula a normativa estatal.
Descargar todas as imaxes