Escoitar

O alcalde asegura que 650 desempregados atoparon traballo nos dous últimos anos grazas á formación que ofrece o Concello

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, fixeron entrega este mércores de diplomas a 150 persoas formadas no "Imos Traballar", dentro das 500 que están a formarse grazas a programas municipais. En 2009, 350 dos participantes nesta iniciativa foron insertados e este ano o obxectivo ronda os 300, dos que 42 xa están actualmente traballando.

mércores, 9 xuñ 2010
1276087561diplomas.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou hoxe mércores que o programa municipal "Imos Traballar", da Concellería de Promoción Económica e Emprego, insertou no mercado laboral a 650 personas nos anos 2009 e 2010.

O alcalde, xunto co concelleiro de Promoción Económica e Emprego, o socialista Santos Héctor, fixeron entrega de diplomas acreditativos da formación a 150 participantes dun total de 500 persoas que están a ser formadas polo Concello. En 2009, 350 participantes atoparon traballo e este ano o obxectivo sitúase nos 300 como mínimo, dos que 42 xa están traballando actualmente.

A formación deste programa -no que os participantes cobran uns 400 euros mensuais- ten continuidade, unha vez rematada, cunha laboura de titorización e asesoramento aos alumnos de cara á súa inserción no mercado de traballo, no que agora adéntranse os diplomados.

Abel Caballero afirmou que o "Imos Traballar", pertencente ao Plan Municial de Emprego da Concellería de Promoción Económica e Emprego, "é un programa bastante existoso" e salientou que ofreza capacitación profesional maioritariamente a mulleres, en materias como a atención sociosanitaria, cociña, atención a colectivos desfavorecidos, etcétera.

O alcalde subliñou que a estas 650 persoas insertadas no mundo laboral en 2009 e en 2010 hai que sumarlles os restantes proxectos da Concellería que dirixe o socialista Santos Héctor, o propio investimento municipal recollido nos orzamentos e tamén os 84 millóns de euros destinados a Vigo por parte do Goberno de España dentro dos "Plans Zapatero" de 2009 e 2010.
Descargar todas as imaxes