O tenente de alcalde destaca na inauguración de Mobalia 2010 que a feira amosa o dinamismo do Ifevi
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, participou este mércores na inauguración de Mobalia 2010, que reúne no Ifevi a cen fabricantes do sector dos mobles. Na súa intervención, o nacionalista destacou que a celebración desta feira por primeira vez en Vigo amosa o dinamismo do recinto feiral vigués nestes tempos de crise.
Santi Domínguez salientou que esta é a feira máis importante das que se celebran no Estado español, polo que expresou a súa satisfacción por que a organización elixira a cidade de Vigo para a edición deste ano. "Iniciativas como esta son as que fan falta en momentos de crise como este", asegurou.
A feira Mobalia 2010 integra a XXIX Feira Europa Mobles, que se celebrará hoxe e mañá. Está destinada para fabricantes e profesionais. Dende o día 11 ata o 13 desenvolverase a denominada "operación desaloxo", que dará a oportunidade ao público en xeral de adquirir os stocks de mobles "a prezos de custo".
Descargar todas as imaxes