venres, 11 xuñ 2010
O alcalde de Vigo visitou hoxe venres a reformada rúa Mestre Alfredo González, en Cabral, mellora que forma parte do plan municipal que destina oito millóns de euros a reformas nas parroquias de Vigo. Os 2,2 millóns investidos "amosan o noso interese e vontade" con Cabral, indicou Caballero, quen detallou actuacións municipais na zona en rúas, parques infantís, pistas deportivas e zonas axardinadas.
venres, 11 xuñ 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este venres a boa acollida que tivo a segunda edición do Concurso de Fotografía do Casco Vello, ao que se presentaron 354 obras por parte de 124 participantes. O nacionalista destacouno no acto de entrega de premios do certame, celebrado no Centro Cívico do Casco Vello.
O prazo de matrícula para os cursos monográficos de verán abrirase o próximo luns 14 de xuño
venres, 11 xuñ 2010
Neste espazo pedagóxico teatral, organizado polo departamento que dirixe a socialista Laura López Atrio, impartiranse obradoiros especializados de diferentes áreas e terán como obxectivo ofrecerlles aos futuros alumnos/as recursos técnicos e creativos para a súa formación complementaria. Estes obradoiros versarán en torno a materias como a creación escénica a presenza escénica e a maquillaxe e caracterización teatral. Terán un compoñente fundamentalmente práctico e están destinado a adultos/as a partir de 17 anos.
venres, 11 xuñ 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este venres, que a recadación da edición do Festiclown 2010, que se celebrará na nosa cidade na última semana de xullo, destinarase á organización do I Festival Internacional de Pallasos en Palestina no vindeiro mes de outubro. O concelleiro nacionalista afirmou que con esta iniciativa preténdese levar as risas a un lugar que sofre "un dos conflitos más vergoñentos do mundo"
venres, 11 xuñ 2010
O Museo de Castrelos acollerá o vindeiro domingo 13 de xuño, o obradoiro "Landriña ensina os oficios", nunha nova edición do programa para familias "Domingos de museo". Co obxectivo de dar a coñecer o Museo da Cidade a todos os públicos, a actividade desenvolverase de 11:30 a 13:30 horas cun número máximo de 15 nenos ou nenas participantes, acompañados dun ou dous adultos.
O alcalde, Abel Caballero, recolleu en Madrid a Escoba de Platino
venres, 11 xuñ 2010
O premio, que recoñece a mellora da xestión dos residuos e o aseo urbano, sitúa a Vigo entre as oito urbes españolas con dous ou máis Escobas de Platino. De carácter bianual, esta distinción -que xa foi concedida a Vigo en 2008- premia o "alto nivel de constancia e bo saber facer" da cidade en limpeza. Abel Caballero subliñou que ser merecedores novamente da Escoba de Platino amosa o "esforzo municipal na mellora constante" das nosas rúas