Escoitar

Xabier Alonso presenta o Campionato de España de Patiñaxe de Velocidade que se celebra esta fin de semana

Vigo recibirá, por primiera vez, esta fin de semana o Campionato de España de Patinaxe de Velocidade, unha modalidade "descoñecida na cidade pero que é espectacular", explicaba Xabier Alonso, concelleiro de Deportes, durante a presentación do evento. A pista que circunda o campo de fútbol das Travesas será escenario do evento. O circuíto ten unha corda de 328 metros e un chan de asfalto. Este venres será a xornada de adestramentos, e sábado e domingo, a competición.

xoves, 10 xuñ 2010
1276185028Patinaxe.jpg
Para o concelleiro a proba "é unha aposta máis desta Concellería polas competicións de nivel", mentres que Enrique Urdiales e Julio Sáenz, polo comité organizador e a Federación Galega de Patinaxe, aplaudiron "o esforzo que fan o Concello e o IMD para poder adaptar a pista ás necesidades da patinaxe de velocidade". A pista está xa adaptada a esta modalidade.

Hai un total de 32 club inscritos de oito comunidades autónomas e 138 participantes (51 mulleres). O sábado arrincarán as probas ás 10.00 horas da mañá coa proba de Master Masculino e unha distancia de 15.000 metros Puntuación. Tras ela chegará o momento da proba de velocidade cos 300 metros Contra Reloxo para Júnior e Sénior, feminino e masculino. Nada máis rematar estas carreiras de contra reloxo celebrarase a entrega de medallas da proba de master e dos 300m.

Xa polo serán en dende as 16.00 horas as probas continuarán coas carreiras de eliminación para Júnior e Sénior, con distancias de 15.000 metros para feminino e 20.000 metros para masculino. A categoría Master volverá ter representación en masculino coa proba de 10.000 metros Liña, mentres que para pechar a segunda xornada celebraranse as series de 5.000 metros Substitucións para Absoluto Feminino e Masculino e a entrega das medallas para todas as finais da segunda xornada.

O domingo chegará o momento de que se celebre a terceira e última xornada deste Campionato de España coas probas de 500 metros Sprint, series, semifinais e finais para júnior e sénior. Tras as carreiras de sprint chegará serán as competicións de puntuación cos 10.000 metros para júnior e sénior e para pechar as finais das probas de substitucións.
Descargar todas as imaxes