Escoitar

O alcalde inaugura o Nocturama, unha nova instalación de VigoZoo para observar especies nocturnas

Abel Caballero, acompañado pola concelleira de Medioambiente, Chus Lago, abríu este xoves formalmente o novo recinto disposto en VigoZoo para a observación de especies con hábitos nocturnos, o Nocturama. O Concello investíu 100.000 nesta nova dotación que simula a oscuridade durante o día, para que os visitantes poidan coñecer os comportamentos das especies nocturnas.

xoves, 10 xuñ 2010
1276174006zoo1.jpeg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, procedeu este xoves á inauguración do Nocturama, unha nova instalación de VigoZoo que permite aos visitantes observar a especies nocturnas.

Segundo explicou Caballero durante a visita, o novo recinto simula a oscuridade durante o día, para que aqueles que visiten VigoZoo poidan observar e coñecer os "hábitos e comportamentos nocturnos" destes animais.

O alcalde apuntou que o investimento realizado no Nocturama ascende a 100.000 euros, sen incluir a man de obra, cinco traballadores procedentes dos obradoiros de emprego que organizada a Concellería de Promoción Económica e Emprego que dirixe o socialista Santos Héctor.

Abel Caballero felicitou á concelleira de Medioambiente e presidenta de VigoZoo, Chus Lago, por unha idea "francamente boa" e ben executada, que pon a disposición da cidadanía viguesa e galega dunha "nova zona para disfrutar" dentro do parque vigués.

Ante os medios de comunicación, o alcalde recordou o "investimento moi importante" realizado no zoolóxico vigués polo actual goberno municipal nos últimos tres anos, un recinto que "non se sostiña" por entón, "certamente deficiente" e cos animais "en mala situación".

O socialista salientou que o de Vigo é o único zoolóxico de Galicia e está "financiado exclusivamente polo Concello". O alcalde reclamou "algunha subvención" da Xunta de Galicia para VigoZoo, xa que é "un elemento de atracción de visitantes".
1276174006zoo1.jpeg
1276174012zoo2.jpeg
Descargar todas as imaxes