O tenente de alcalde anuncia que o campo de Navia se inaugura o domingo co Celta-Deportivo de veteranos
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, visitaron este xoves o novo campo de fútbol municipal de Navia co obxectivo de ver "os últimos retoques antes da súa inauguración" o vindeiro domingo. Na visita, o tenente de alcalde anunciou que o novo campo será estreado ás 12 horas cun partido "moi atraínte para os efeccionados e afeccionadas", como o que disputarán os equipos de veteranos de Celta e Deportivo.
Santi Domínguez anunciou tamén que o campo levará o nome de Manuel Fernández "Pahíño", que será o encargado de facer o saque de honra. O acto inaugural contará coa participación dos representantes dos diferentes clubs da cidade, así como dos veciños e veciñas de Navia.
Segundo afirmou o nacionalista, este novo campo será o "máis moderno da cidade", xa que entre outros aspectos técnicos é o único que terá equipo climatizador nos vestiarios. O tenente de alcalde tamén salientou que son unhas instalacións "perfectamente adaptadas medio ambientalmente ao seu contorno".
Esta nova infraestrutura deportiva tivo un orzamento de 1,4 millóns de euros, financiados con cargo ao Plan E. As súas dimensións son de 60 x 100 metros e conta con cinco vestiarios e capacidade para 432 espectadores. Santi Domínguez destacou que coa construción do campo de fútbol e do polideportivo, que xa está "moi avanzado", remata a primeira fase das instalacións deportivas de Navia. O pavillón tivo un investimento de 4,5 millóns de euros, terá capacidade para 1.500 espectadores e unha bancada móbil para 384 espectadores.
O tenente de alcalde avanzou que esta primeira etapa continuará cunha segunda, que estará integrada por pistas de pádel e piscina olímpica, entre outras instalacións. En resposta aos medios indicou que o obxectivo da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes consiste en ter elaborados os proxectos correspondentes este ano para poder licitalos na vindeira lexislatura.
Respecto ao anuncio que hai meses fixera o presidente da Deputación de investir 25 millóns de euros en Vigo, Santi Domínguez manifestou que agarda que esa vontade "se vexa refrendada" para poder abordar esa segunda fase de obras.
Descargar todas as imaxes