Escoitar

Abel Caballero anuncia que en xullo estarán operativas 1.000 prazas do novo aparcamento de Peinador

O alcalde entrevistouse este mércores coa nova directora do Aeroporto de Vigo, Noelia Martínez, e anunciou o remate da primeira fase dos traballos de construcción do novo aparcadoiro de Peinador, 1.000 prazas que estarán dispoñibles en xullo. Caballero informou que en febreiro do próximo ano estará totalmente concluído, con 2.600 prazas en total. Con respecto á nova terminal, o alcalde asegurou que este verán comenzarán as obras de construcción.

mércores, 9 xuñ 2010
1276087033peinador.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe mércores que en xullo abriranse ao público as 1.000 primeiras prazas do novo aparcamento en construcción do Aeroporto de Vigo, unha vez estea rematada a primeira fase.

Así o sinalou o socialista tras a primeira entrevista mantida coa nova directora de Peinador, a madrileña Noelia Martínez, procedente do aeródromo de El Hierro. En rolda de prensa, o alcalde asegurou que a apertura da primeira metade do aparcamento conlevará a retirada do provisional e o inicio da segunda fase da obra. En febreiro do 2011 estará completamente concluída a infraestrutura e operativas as 2.600 prazas de estacionamento.

Abel Caballero recoñeu o "impulso" que está a dar o Ministerio de Fomento, a través de AENA, ao Aeroporto de Vigo, que está en proceso de ampliación con melloras por valor de 100 millóns de euros, 38 millóns do novo aparcamento e uns 60 máis da nova terminal.

Sobre esta última cuestión, o alcalde apuntou que Fomento ten previsto contratar os traballos da nova terminal nun periodo dun mes aproximadamente, que en en xullo ou agosto podería comezar a edficicación do novo edificio deseñado por César Portela.

Explicou o rexedor vigués que a primeira parte da nova terminal construirase na zona sur do mesmo, sen afectar á operatividade da actual. Cando a zona sur estea rematada entrará en funcionamento e darán comezo os traballos no espazo que ocupa a actual terminal e nunha parte adicional ao norte da mesma.

Abel Caballero avogou por que o aeródromo vigués labre "o seu futuro para mantener a competencia co aeroporto de Oporto", xa que a urbe portuguesa é a alternativa natural ao de Vigo. O alcalde indicou que o aerporto que interesa potenciar é do da cidade olívica, como xa o está a entender o Ministerio de Fomento, xa que Vigo atópase no centro da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

O alcalde deu a benvida á nova responsable do Aeroporto de Vigo e agradeceu o traballo do anterior director, Antonio García Pierre, de quen destacou a súa laboura e a "coordinación" co Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes