Caballero amosa a súa "satisfacción" porque o Plan autonómico do Litoral se adapte ao Plan Xeral vigués
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou este xoves a súa "satisfacción" porque a Xunta de Galicia teña aceptado a alegación do Concello ao Plan de Ordenación do Litoral, que solicitaba a retirada deste ou a súa adaptación á normativa local que marca o PXOM. O rexedor indicou que este é "un tema resolto" no que atinxe á cidade de Vigo e a Xunta "da a razón" ao Concello na súa alegación.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou este xoves a súa "satisfacción" tras ter coñecido que a Xunta de Galicia vai retirar do ámbito local o Plan de Ordenación do Litoral e respectar o Plan Xeral de Ordenación Municipal en vigor.
Segundo explicou Abel Caballero, o Concello tiña presentado unha alegación ao Plan autonómico solicitando a retirada desta normativa ou á súa adaptación ao que marca o Plan Xeral de Vigo en vigor, como efectivamente será.
"Un tema resolto" na cidade, apuntou o socialista, quen defendeu que o PXOM en aplicación xa cumpre coas normativas actuais en materia de litoral, polo que o goberno galego "da a razón" ao Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes