Santi Domínguez di que o Concurso de Fotografía, con máis de 300 obras, amosa que o Casco Vello "colle cor"
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este venres a boa acollida que tivo a segunda edición do Concurso de Fotografía do Casco Vello, ao que se presentaron 354 obras por parte de 124 participantes. O nacionalista destacouno no acto de entrega de premios do certame, celebrado no Centro Cívico do Casco Vello.
Santi Domínguez expresou os seus parabéns á Asociación Vigo Vello, polas iniciativas que pon en marcha ao longo do ano "co obxectivo de revitalizar o Casco Vello". Afirmou que a través das fotografías presentadas ao concurso os vigueses e viguesas poden visualizar que hai "un novo Casco Vello que está comezando a coller cor como estas fotografías".
O tenente de alcalde comentou que as imaxes reflicten un Casco Vello moderno e que se renova, pero tamén que mantén a tradición e que quere "vivir e desenvolverse". Manifestou a súa "grata sorpresa" pola calidade das imaxes e pola gran cantidade de fotografías presentadas, ao pasar de 70 na pasada edición a 354 nesta segunda.
No acto entregáronse os premios aos tres gañadores do certame elixidos polo xurado, aos que lle corresponderon un cheque de compra por valor de 500, 300 e 200 euros para mercar nos establecementos asociados a Vigo Vello, así como os diplomas aos 47 finalistas seleccionados. O primer premio, dotado co cheque de 500 euros, foi para Antonio Gutiérrez, coa obra titulada "Novas xeracións". O segundo premio, dotado co cheque de 300 euros, concedéuselle a José Antonio Paz, pola súa obra "Bella belleza"; o terceiro premio, e cheque de 200 euros, foi para María Villar, pola imaxe "Paseo de Alfonso XII".
O tenente de alcalde felicitou a todos os e as participantes, nomeadamente aos gañadores, e anunciou que se editará un libro coas fotografías seleccionadas. Para a súa elaboración pediu a colaboración dos tres medios escritos da cidade e poder acompañar con textos as imaxes.
Precisamente dos tres medios escritos de Vigo son tres das persoas que integraron a cidade: Jesús de Arcos, xefe de fotografía do Faro de Vigo, Mercedes Moralejo, responsable da sección de fotografía de La Voz de Galicia, e Jorge Landín, xefe de fotografía de Atlántico Diario. Tamén integrou o xurado o profesor de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigom, Jorge Lens, e a presidenta da asociación de comerciantes Vigo Vello, Itos Domínguez.
Descargar todas as imaxes