Escoitar
O prazo de matrícula para os cursos monográficos de verán abrirase o próximo luns 14 de xuño

A Concellería de Educación e a Escola Municipal de Teatro presentan a programación dos obradoiros monográficos de verán

Neste espazo pedagóxico teatral, organizado polo departamento que dirixe a socialista Laura López Atrio, impartiranse obradoiros especializados de diferentes áreas e terán como obxectivo ofrecerlles aos futuros alumnos/as recursos técnicos e creativos para a súa formación complementaria. Estes obradoiros versarán en torno a materias como a creación escénica a presenza escénica e a maquillaxe e caracterización teatral. Terán un compoñente fundamentalmente práctico e están destinado a adultos/as a partir de 17 anos.

venres, 11 xuñ 2010
1276259257teatro.jpg
O primerio obradorio "MAQUILLAXE E CARACTERIZACIÓN TEATRAL", desenvolverase nas dastas comprendidas entre o 28 de xuño e o 2 de xullo, en horario de 17:00 a 21:00 horas. O obradoiro pretende proporcionar ós asistentes o coñecemento necesario sobre os productos e utensilios utilizados neste oficio, e o seu correcto empleo e as diferentes técnicas aplicadas ó maquillaxe e caracterización teatral.

O segundo obradoiro "CREACIÓN ESCÉNICA", desenvolverase nas dastas comprendidas entre o 5 e o 9 de xullo, en horario de 17:00 a 21:00. O obradoiro afrontará ó proceso de creación na escena, para orientar ao alumno/a na búsqueda de outros camiños para a creación espectacular a partir de situacións cotiás.

O terceiro e último obradoiro "PRESENZA ESCÉNICA", desenvolverase nas dastas comprendidas entre o 12 e o 16 de xullo, en horario de 17:00 a 21:00. O obradoiro afronta a problemática da presenza do actor na escena, a do espazo, os obxectos, o traballo sobre o propio corpo e dos outros, o uso das emocións, intencións, contradiccións e subtexto.

O prazo de preinscrición comezará o luns 14 de xuño e finalizará o o martes 22 de xuño. As preinscripcións poderán facerse no Servizo de Educación do Concello de Vigo en horario de mañá (sito na rúa Oporto nº1, 2º andar, antigo rectorado), ou nas instalacións de Escola Municipal de Teatro en horario de tarde de 17:00 a 20:00 horas (Monte da Mina nº16). Para máis información pódese contactar no 986447400 ou 986485324 ou na páxina hoxe.vigo.org no enlace da Escola Municipal de teatro de Vigo ou a través do correo electrónico em.teatro@vigo.org.
Descargar todas as imaxes