Escoitar

O Concello insta á Xunta de Galicia a restituir as axudas de normalización lingüística

O Pleno da Corporación municipal de Vigo, cos votos favorables de socialistas e nacionalistas e a oposición do PP, acordou este luns aprobar unha moción do BNG instando ao goberno autonómico a restituir con urxencia as achegas aos municipios para a normalización lingüística, con prioridade "á creación, mantemento e estabilidade dos Servizos municipais de Normalización".

luns, 26 set 2011
A Corporación municipal de Vigo, en sesión plenaria, acordou hoxe luns instar á Xunta de Galicia a restituir as axudas para a normalización lingüística, achegas que eran concedidas aos municipios.

A moción nacionalista recabou o apoio do grupo socialista e saiu adiante coa oposición do Partido Popular. O texto insta ao goberno autonómico a retomar "con carácter de urxencia" as axudas con prioridade "á creación, mantemento e estabilidade dos Servizos municipais de Normalización Lingüística" e contribuíndo "ao financiamento das accións normalizadoras durante a totalidade do ano".

O acordo adoptado tamén que sexa trasladado ao goberno da Xunta de Galicia así como aos grupos políticos que conforman o Parlamento autonómico.