Escoitar

Caballero defende que o Convention Bureau promocione a potencialidade turística da actividade pesqueira e portuaria viguesa

O alcalde presidiu este venres a reunión do Padroado da Fundación, a primeira reunión tras a chegada da nova Corporación, onde tamén se propuxo ao anterior Director de Proxectos da Mancomunidade de Vigo, Pablo Cameselle, como Director-Xerente da Vigo Convention Bureau. Como acontece noutros países, Abel Caballero avogou por potenciar a parte turística da lonxa pesqueira, dos astaleiros e do tráfico de contenedores

venres, 23 set 2011
1316782136vcb.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, marcou este venres algunhas das novas liñas que seguirá a Vigo Convention Bureau de cara ao futuro, como será potenciar turísticamente as visitas á lonxa pesqueira, aos astaleiros e ao tráfico de contedores no Porto de Vigo.

En declaracións aos medios tras a reunión do Padroado da Fundación, o alcalde indicou que tratouse a presentación do novo concelleiro de Turismo, Cayetano Rodríguez, e as pespectivas do próximo ano, constatando a "boa actuación" da entidade na captación de congresos relevantes para a cidade.

Tamén abordouse no Padroado buscar novas liñas de acción turística, definindo como tales as visitas á lonxa de peixe -nun plantexamento conxunto cos implicados e que incluiría rentabilidade para estes- e tamén á actividade dos astaleiros e do tráfico de contedores no Porto de Vigo. Estas posibilidades xa son explotadas noutros países, segundo afirmou Caballero.

Novo xerente
O alcalde vigués tamén informou este venres do nomeamento do novo Director-Xerente da Vigo Convention Bureau, Pablo Cameselle, tras presentar o anterior -Javier Arnau- a súa renuncia. Caballero agradeceu o "notable e moi satisfactorio" traballo realizado por este na anterior etapa da entidade.

O rexedor explicou que Pablo Cameselle -anterior director de Programas e Proxectos da Mancomunidade de Vigo- é unha persoa "moi directamente vencellada a Bruxelas", onde desempeñou a súa actividade profesional en administracións europeas, e experto en materia aeroportuaria.
Descargar todas as imaxes