Caballero eloxiou o Festiclown por levar "a solidariedade polo mundo desde Galicia e desde Vigo"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, fixeron este xoves balance do Festiclown 2011 que celebrouse na cidade por cuarto ano consecutivo, consolidándose "entre os máis importantes de España". Esta edición colleitou éxitos de público nas actuacións de Leo Bassi e Yllana. O Festiclown posibilitou a "primeira gran intervención cultural en Palestina", en verbas dos propios organizadores.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, eloxiou a edición de 2011 do Festiclown celebrado na cidade, que trata de "levar a solidariedade polo mundo desde Galicia e desde Vigo".
En rolda de prensa, Abel Caballero salientou o éxito das actuacións de Leo Bassi e Yllana, como os nomes máis coñecidos do Festival, e subliñou asemade os pases de Atempo Circ, Pablo Muñoz, Circolando, Amontonados por Azar e Lusco e Fusco.
O alcalde de Vigo agradeceu a laboura dos artistas que acudiron a Vigo así como o esforzo da organización e da concelleira de Cultura e Festas para levar adiante este evento, "mostra fehacente da solidariedade viguesa".
O Festiclown de Vigo deste ano tivo un especial vínculo co pobo palestino a través dunha gala solidaria celebrada na cidade e do éxito de público nas funcións viguesas, que axudaron ao financiamento do proxecto Festiclown Palestina.
A organización explicou que Vigo consolídase "entre os máis importantes" festivais de clowns de España no seu cuarto ano na urbe, e agradeceu o "compromiso da cidade" e a "colaboración absoluta" do Concello vigués.
Descargar todas as imaxes