Escoitar

O Concello elaborará un anteproxecto para divulgar a Batalla de Rande

O alcalde de Vigo avanzou hoxe mércores que encargará un anteproxecto que permita "exhibir, reproducir e describir de forma atractiva" o contexto económico, social e político no que se desenvolveu a Batalla de Rande. Anunciou que, dado que a Xunta traballa nunha iniciativa similar, estableceremos contacto coa Consellería de Cultura -dixo- para presentar unha iniciativa conxunta "que poidéramos levar a Europa para acceder a axudas comunitarias".

mércores, 21 set 2011
1316606144luaces.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe mércores que o Concello encargará un anteproxecto "que sirva de guía" para "exhibir, reproducir e describir de forma atractiva" o contexto económico, social e político da Batalla de Rande. Logo de manter un encontro con Javier Luaces, arqueólogo do proxecto de excavación dos pecios en Rande, o rexedor explicou que para a cidade sería moi "interesante" contar cun lugar no que se poida visualizar e forma plástica este destacado acontecemento histórico. Tería grande interés turístico, enfatizou, ademáis dunha importante vertente formativa e lúdica.

Unha vez elaborado este anteproxecto -que incluiría o modelo e posibles ubicacións- anunciou contactos coa Consellería de Cultura, "dado que a Xunta traballa nunha iniciativa similar". O obxectivo, abondou, é aunar esforzos e traballar nun proxecto conxunto "que poidéramos levar a Europa para acceder a axudas comunitarias".
Descargar todas as imaxes