luns, 19 set 2011
Abel Caballero avanzou que este novo dispositivo, que nunca se fixera en Vigo, estará formado por tres traballadores, adicados todo o ano á limpeza de toda a canle do río. O alcalde e a concelleira de Medioambiente visitaron este luns os traballos de limpeza do río Lagares, que atópase "francamente ben", tras o que anunciou que o Concello mellorará a iluminación do paseo.
luns, 19 set 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu aos representantes da Plataforma pola Sanidade Pública para analizar a situación das infraestruturas sanitarias da cidade. Entre outros temas de interese, rexedor e sanitarios revisaron o proxecto do futuro hospital de referencia de Vigo.
luns, 19 set 2011
O rexedor de Vigo inaugurou hoxe luns as instalacións do Centro de atención intregral contra o alzheimer situadas na rúa Martínez Garrido. As instalacións préstanse especialmente, indicou, porque son amplas e están rodeadas de zonas verdes para pasear. Con este, xa son cinco as asociacións sociais que desenvolven a súa actividade en locais cedidos polo Concello.
Anuncio de Educación
luns, 19 set 2011
A Escola Municipal de Artes e Oficios vén de realizar a convocatoria de preinscrición para alumnado de novo ingreso no curso 2011-2012. Iniciase o prazo o luns día 19 de setembro, ata o 23 dese mes, poderá facerse tanto a través de internet --accedendo ao formulario de solicitude on line colgado da páxina web do Concello de Vigo www.vigo.org (-Educación-Escola Municipal de Artes e Oficios)--, como presencialmente nas oficinas da EMAO situadas na rúa de Garcia Barbón.Ofértanse 253 prazas de novo ingreso.
luns, 19 set 2011
Dende o martes 13 de setembro, está aberto o prazo de matrícula para os cursos de adultos, que terán lugar no MARCO nesta nova tempada 2011-2012, destinados a persoas interesadas en coñecer de primeira man os principais movementos e autores da historia da arte contemporánea.Os cursos que se desenvolverán son ‘Unha aproximación á historia da arquitectura contemporánea’ e ‘Produción artística e cultural dende 1968 ata os nosos días’.